miércoles, 19 de noviembre de 2014

DEREITOS DE NENAS E NENOS

En 1959 a ONU aprobou a declaración de dereitos dos nenos por iniciativa de UNICEF e dende o ano 2000 celébrase o 20 de Novembro o día internacional dos dereitos dos nenos e nenas. Con este video ensinamos cales son estes dereitos.

 

martes, 18 de noviembre de 2014

CHANGE.ORG E AS CONCERTINAS DE MELILLA

Change.org é unha plataforma de activismo en Internet que recolle firmas para facer realidade propostas cidadás. Esta plataforma, así como Avaaz fixeron máis curta a distancia entre o desexo e a realidade a golpe de clic. As campañas conducidas por estas organización poden poñer freo a leis e actuacións inxustas. Calquera persoa en calquera lugar pode iniciar unha campaña, pero a resposta varía moito en cada caso. As veces escóitase a voz da cidadanía e atenden á petición, outras non responden. A convicción que ten a cidadanía de poder cambiar as cousas –en sanidade, educación, política, medio ambiente, dereitos humanos…– responde as veces ao desexo de querer mellorar o mundo, pero tamén o que ocorre no seu barrio ou na súa casa. Un exemplo é esta carta dirixida ao presidente do goberno contra a brutalidade das concertinas nas fronteiras de Ceuta e Melilla. CARTA A Presidente del Gobierno Mariano Rajoy Brey Ministro del Interior Jorge Fernández Díaz Como ciudadano/a del país al que usted representa, no quiero sentirme responsable de causar daños físicos a decenas de personas y por eso le ruego que ordene la retirada de las concertinas en las vallas fronterizas de Ceuta y Melilla, que se deje de emplear material antidisturbios, que interrumpa las devoluciones ilegales (“en caliente”) y que haga prevalecer el respeto a los derechos humanos y el cumplimiento de los tratados internacionales que obligan a España. Apelo a su responsabilidad para cumplir los acuerdos internacionales firmados por España y a las recomendaciones del Defensor del Pueblo y del Consejo de Europa para pedirle que ponga fin inmediatamente a esta situación y: . ordene la retirada de las concertinas en las vallas fronterizas de Ceuta y Melilla . que se deje de emplear material antidisturbios . que interrumpa las devoluciones
Muchas personas llegan cada día a las fronteras de Ceuta y Melilla. La mayoría de ellas han tenido que elegir entre un ataúd y una maleta. Y tras meses de odisea en la que han invertido todo lo que tenían, los más afortunados consiguen llegar a una frontera hostil y fortificada. Sus sueños se estrellan contra una barrera prácticamente infranqueable, pero su desesperación les empuja a escalar una valla de seis metros coronada por concertinas, un alambre de cuchillas que causa graves lesiones, incluso la muerte.
Tampoco encuentran mejor suerte quienes intentan pasar a nado, como pudimos ver el pasado 6 de febrero en Ceuta. Porque mientras los migrantes se saltan la valla, las autoridades se saltan la ley. Esa es la realidad en la frontera: cuchillas que cortan la piel de quienes ascienden por las alambradas, materiales antidisturbios empleados contra nadadores exhaustos, devoluciones ilegales (llamadas “en caliente”) que vulneran la Convención de Ginebra y la normativa europea y española de Extranjería y Asilo.
Y lo peor de todo, es que entre esas personas, hasta un 50% podrían ser potenciales refugiados, personas que huyen de guerras, violaciones de derechos humanos, persecuciones religiosas, por género u orientación sexual, por ideas políticas, etc… Estas personas tienen derecho a recibir protección, como en su día lo obtuvieron personas como Albert Einstein, el Dalai Lama, Rigoberta Menchú o Gabriel García Márquez.
En CEAR no pararemos hasta conseguir que se corte con toda esa brutalidad y que se respete la ley. Para conseguirlo,necesitamos tu ayuda. Firma y comparte esta petición ahora. 

lunes, 17 de noviembre de 2014

SOBRE LA EXPLOTACIÓN INFANTIL

En clase de lengua castellana vimos varios documentales relacionados con el tema del que trata el libro de esta evaluación "La Prisionera del Mago", la explotación infantil y el tráfico de seres humanos. Los vídeos nos abrieron los ojos a esta realidad tan cruda y doloroso que sufren muchos niños y niñas en el mundo.
Después de verlos, completamos una ficha sobre nuestras impresiones. En este póster quedan recogidas todas nuestras reflexiones y opiniones sobre ellos. Clica aquí para verlo.

http://pritrazo.edu.glogster.com/esclavitud-infantil/

jueves, 13 de noviembre de 2014

O HINDUISMO: UNHA RELIXIÓN CON MÁIS DE 1000 DEUSES E DEUSAS

O hinduísmo é a relixión predominante en India aínda que convive con outras relixións como o Cristianismo, o Budismo e o Islam. Dentro das grandes relixións é a máis antiga e a terceira máis estendida a nivel mundial, máis de 800 millóns de seguidores.

Non ten fundador nin ordes sacerdotais, non existe un dogma único e carece de organización central. É por isto que dentro do hinduísmo podemos encontrar distintas correntes culturais ou escolas: deísta, teístas, monoteístas, politeístas, agnósticas e, mesmo ateas. Ten como principo "a unidade na diversidade" o que a converte nunha relixión complexa.
O hinduismo é unha relixión politeista, teñen miles de deusas e deuses, un dos máis populares é Ganesha, o deus con cabeza de elefante.


Segundo a lenda, o deus Shiva, o deus hindú da destrución, marchou á guerra e a súa muller Parvati, deseó tomar un baño, pero non habendo ningún garda para que vixiase a porta do seu apousento ocorréuselle a idea de crear un fillo para que o custodiase.

Parvati creou entón a Ganesha da pasta de sándalo que usaba para bañarse e lle deu vida dentro dunha figura. Entón ela situouno na porta e lle dió instrucións para que ninguén entrase. Mentres tanto o deus Shiva regresou da batalla pero como Ganesha non o coñecía non lle deixou que entrase no cuarto de Parvati. Shiva, enfurecido por este feito, colleu a súa espada e cortou a cabeza de Ganesha. Cando Parvati saíu e vió a Ganesha decapitado entrou en cólera. Entón ela adquiriu a forma da deusa Kali e ameazou con destruír os tres mundos existentes, o ceo, a terra e o subsolo. Vendo o malhumorada que estaba, os outros deuses estaban realmente temerosos e Shiva, nun intento de calmar a Parvati, transmitiu á multitude que trouxeran a cabeza do primeiro ser vivo que aparecese do norte (a dirección propicia asociada coa sabedoría). O primeiro ser vivo que apareceu foi un elefante. Entón trouxéronlle a cabeza do elefante e Shiva colocouna no madeiro do fillo de Parvati dándolle vida. Parvati púxose contenta e abrazou o seu fillo, o neno con cabeza de elefante que Shiva chamou Ganesha.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

FESTIVAL DOS ELEFANTES PINTADOS NA INDIA

A clase de Proxecto Interdisciplinar quere ser unha pequena ventá pola que achegarnos ao mundo e coñecer diferentes aspectos doutras culturas. Nesta ocasión preparamos unha presentación oral sobre O Festival dos Elefantes da India e sobre un dos moitos deuses do hinduismo, o popular deus Ganesha.
Anabel e Oscar leron varios artigos, buscaron fotos en internet e prepararon a presentación oral que veredes a continuación.


Fontes:
Ganesha, o elefante sagrado : http://www.taringa.net
¿Por qué os elefantes son sagrados na India?: https://redaccion.lamula.pe
Festival dos elefantes pintados:http://www.taringa.net
O desfile dos elefantes pintados: http://www.nationalgeographic.com.es

jueves, 6 de noviembre de 2014

ALVIDA

A semana pasada na clase de pri estivemos buscado en internet información sobre os elefantes e sobre palabras hindúes. Pintamos dous elefantes e puxemos a palabra enriba.
ADIOS: ALVIDA


Jonathan

lunes, 3 de noviembre de 2014

LALIA

"Nunca vi mi pais, pero mi madre dice que  los ojos que miran no son los ojos de ver. Los ojos de ver están en el corazón. Si cierras los ojos puedes ver lo que quieras."

Estas son palabras de Lalia, protagonista do documental que tedes a continuación.
Lalia cóntanos como é o seu país, o Sahara. A súa pequena redacción vainos introducindo no seu mundo. Un mundo de sonos perdidos, de recordos non vividos para acabar espertando na súa realidade. Unha realidade terrible da que quere escapar: o seu exilio nun campo de refuxiados en Alxeria".

jueves, 30 de octubre de 2014

DECORACIÓN INDIA

A semana pasada en Pri buscamos en internet imaxes de elefantes indios e palabras en hindu que pegamos na parede.
                     Este e o resultado.

               Mera  nama  DUMBO hai 



Carlos

FESTIVAL INDIO

O outro día na clase estivemos coloreando elfantes indios con moitas cores e con purpurina.



Jenni

ELEFANTE HINDÚES

O outro día tivemos que pintar elefantes indios. Para facelos, a titora dixonos que mirárabamos en internet fotos de elefantes nas festas da India e despois buscar unha palabra en hindi e peámolas no corcho e quedou moi ben.


DEBUXOS DE ELEFANTES

o outro día fixemos elefantes indios,antes bucamolos en Internet para inspirarnos para inspirarnos.
E despois buscamos palibras en hindi para poñerlle encima.


Martín Dafonte

O MEUS ELEFANTES



Na clase de pri buscamos en internet sobre elefantes indios e palabras indias despois cada un pegou dous elefante e unha frase en hindi.

Alba

INDIA

Na nosa clase traballamos sobre os elefantes indios.
Tivemos que pintar os elefantes indios e escribir palabras en idioma indio. A profesora díxonos que buscaramos en internet para ter inspiración sobre o país da India e sobre os elefantes pintados.



Eduarda

miércoles, 29 de octubre de 2014

decoración india


A min gustoume moito esta actividade porque quedou moi chula a clase e tamén aprendemos palabras en hindi e pasámolo moi ben.


Martín Casto

PINTANDO ELEFANTES

Na clase de PRI estivemos mirando en interne elefantes pintados para desfiles para inspirarnos e pintar uns moi chulos. Despois de pintalos e decoralos, recortámolos e pegámolos na parede arredor da clase. A continuación buscamos palabras en hindi e as traducimos para saber o que significaban.O final miramos o noso traballo e observamos que a clase quedara expectacular co noso traballo.
Todos o pasamos moi ben e aprendemos algunhas palabras de outro idioma.


TOMA KAISÊ HO?- COMO ESTAS




DANIEL

UNHA CLASE CHEA DE ELEFANTES

O outro día na clase de pri, decoramos os nosos elefantes. Cada un con unha palabra en hindi e despois traducimola ao español. Pegamos cada elefante na parede enriba do corcho ca palabra en hindi e en español enriba do elefante. Quedounos unha clase chulísima.

Pani-Agua





Iván Rivas Suárez

OS VISTOSOS ELEFANTES DA NOSA CLASE

Barth-Doce

O outro día en pri a mestra dounos uns elefantes indios para pintar. Miramos en Internet como os pintaban no festival dos elefantes e vimos que os pintaban moi vistoses, porque eran como o seu deus. Despois tivemos que elixir un palabra en hindú e decoramos toda a clase. Quedou moi chula.

Lucía

OS ELEFANTES INDIOS

Decoramos a clase con elefantes indios.Antes de pegalos na parede miramos en internet os elefantes.Eran moi bonitos!!!Nós pintamolos con colores vivos.
NAHI:NON




Anabel

lunes, 27 de octubre de 2014

DECORAMOS A CLASE

En PRI fixemos uns dibuxos  de elefantes para decorar a clase.Tivemos que buscar imaxes en internet para ver como os decoran no festival dos elefantes para inspirarnos. Despois buscamos palabras en hindi, escollemos unha e puxémola enriba dos elefantes. Ao final colocámolos todos coa súa palabra enriba do corcho e quedou moi chulo.

Kusí se=encantado



         Oscar

A AUGA, un recurso indispensable

Este curso na clase de PRI, déronsenos a coñecer os obxectivos do Milenio.
Un dos obxectivos refírese “A Auga”, imprescindible para todos os seres vivos. A pesares de ser un recurso natural de inestimable valor, no mundo existen moitas zonas onde é un ben escaso.
Xa o 2003 foi proclamado “Ano Internacional da Auga Doce”, para que nós, as persoas, tomemos conciencia da importancia de realizar un uso axeitado da auga, e tamén mellorar a xestión da mesma así como de protexer as fontes de auga doce.
Na asignatura de naturais empezamos a traballar neste tema, facéndonos conscientes de cómo está repartida a auga no planeta, porque aínda que as tres cuartas partes do noso planeta están cubertas de auga, só un 3% é auga doce, é só unha pequenísima parte desta porcentaxe é apta para o consumo humano.
No laboratorio fixemos unha práctica:

- Enchemos unha probeta de un litro, e semellaba que aí estaba contida toda a auga que había na terra, a doce é a salgada.
- Logo sacamos desa probeta o 3% de auga, que correspondería a auga doce, e vertémola noutra probeta.
- Volvemos a retirar da probeta anterior un 99% aproximadamente de auga que correspondería a augas conxeladas dos casquetes polares e a augas subterráneas.
- Quedaba un 1% de auga que correspondería a cantidade de augas superficiais coas que conta o planeta. Metémola nun tubo de ensaio.
O que mais nos sorprendeu que de ese 1% de augas superficiais, aínda había que facer outro reparto: un 52% para lagos, un 38% humidade do solo, vapor de auga un 8%, auga dos seres vivos o 1%, e outro 1% para a auga dos ríos. Todas cantidades aproximadas.

A AUGA NO MUNDO




A cantidade de auga que hai na terra é sempre a mesma. No laboratorio fixemos una práctica para estudar o CICLO DA AUGA
"Conxunto de procesos polos que pasa a auga da atmosfera a superficie terrestre, de aí aos seres vivos e a hidrosfera, e de novo regresa a atmosfera"
Na montaxe que vemos nas fotos, o acendedor de gas representa ao sol. A cantidade de auga que hai no vaso de precipitados representa as augas superficiais do planeta, e dentro do vaso hai unha molécula da auga (formada por dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno), aínda que sabemos que nese vaso habería centos de moléculas.

Unha vez que saía vapor puxemos un vidro de reloxo enriba, simulando a unha capa da atmosfera máis fría, e o vapor ao arrefriar pasou a auga líquida(condensación) levantamos o vidro e caían gotas (precipitacións)

Na práctica anterior que fixemos no laboratorio démonos  unha idea de cómo estaba repartida a auga polo planeta terra, e decatámonos de que a cantidade de auga doce era moi baixa respecto ao total da auga, pero aínda así sería suficiente para satisfacer as necesidades de todas as poboacións do mundo:

- Si se distribuíra de xeito regular polas rexións do mundo
- Si todos os países tiveran mais ou menos os mesmos recursos para poder xestionar a accesibilidade a mesma
- Si as persoas fixéramos un uso correcto e responsable da auga da que dispoñemos.

ELEFANTES DA INDIA

KRIPAYA:   POR FAVOR



Brais

APRENDEMOS HINDI




Biyara-cerveza



Eloy Castro Deus

martes, 21 de octubre de 2014

SOBRE A EXPLOTACIÓN INFANTIL


FILIPINAS. SABÍAS QUE....?

Sabías que Filipinas é un país formado por 7000 illas?
Falamos de Filipinas porque en lingua Castelá estamos lendo un libro titulado “La prisionera del mago” que ocorre en Filipinas. Comezamos esta actividade o día 13 de outubro na clase de PRI.
A nosa titora, na clase de PRI, deunos una ficha para completar e puxémonos en grupos de 4 persoas. Buscamos información en internet e puxémola en común.
Filipinas está situada no Sur-leste Asiático. Ten una extensión de 300 000 km2 e unha poboación de 99 000 000. A súa capital é Manila e o seu sistema de goberno de a república presidencialista. Ten 2 linguas oficiais: o filipino e o inglés. Tamén ten 8 linguas rexionais (o Tagalo unha delas) e 2 opcionais.
Sabías que…. en Filipinas se fala español? Pois si, porque Filipinas foi unha colonia de España durante case 300 anos. Ata que pasou a ser colonia estadounidense, por iso se fala tamén inglés. Non foi un país independente ata o 24 de marzo de 1934.
Sabías que… a esperanza de vida é de 68,7 anos? Comparado con outros países é moi pouco. Aquí en Galicia, por exemplo, é de 82,2 anos. Isto débese a fame, a pobreza e mala sanidade que teñen.
Sabías que…. a taxa de pobreza é do 26,5 %? Iso quere dicir que a ¼ parte da poboación vive con $1 ao día. Na clase dixemos o que nós podemos comprar con un euro ao día e , claro, quedamos moi afectadxs.
O que máis nos sorprendeu foi a taxa de mortalidade infantil, un 33%. Iso son moitxs nenxs. Por iso hai que axudar e colaborar con estes países tan pobres para mellorar a sanidade e a educación.
Lucía Viqueira, Jonathan Peón, Eduarda Andrade e Iván Rivas

martes, 14 de octubre de 2014

O MUNDO QUE TEMOS / O MUNDO QUE QUEREMOS

Na primeira sesión de Proxecto Interdisciplinar falamos na clase sobre este tema e fixemos un mural coa información recollida.
A profesora dixo que pensaramos no seguinte: “se tiverades unha varita máxica e poiderades con ela acabar coas inxustizas que vedes no mundo, cales faríades desaparecer xa” Deixounos un tempo para pensar e repartiu uns post-its de cor amarela no que escribimos as nosas ideas.
Logo puxemos en común o que tiñamos e escribimos un post-it rosa como nos gustaría que fose o mundo. Compartimos as nosas ideas e pegamos os post-its amarelos nun lado do mural e os rosas noutro.
Aquí tedes recollida a nosa reflexión.

lunes, 13 de octubre de 2014

PREMIO NOBEL DA PAZ 2014


A paquistaní Malala Yousafzai, a moza á que os talibáns dispararon á cabeza en 2012 por defender a escolarización das mulleres, e o activista indio Kailash Satyarthi foron galardoados este venres co Nobel de la Paz 2014 "pola súa loita contra a opresión dos nenos e os mozos e polo dereito de todos os nenos á educación", segundo anunciou o Comité Nobel Noruego.

"Os nenos deben ir á escola e non ser explotados financeiramente", defendeu o Comité Nobel, subliñando que "nos países pobres, o 60% da poboación actual ten menos de 25 anos".
No caso de Satyarthi, resaltou que "mostrando gran valor persoal" e seguindo a tradición de Gandhi, "liderou varias formas de protesta e manifestación, todas pacíficas, centrándose na grave explotación dos nenos para obter beneficios financeiros". Así mesmo, "contribuíu" ao desenvolvemento de importantes convencións internacionais" "sobre os dereitos dos nenos". Kailash Satyarthi, enxeñeiro informático indio que hai 28 anos abandonou o ordenador para denunciar ás multinacionais que no seu país explotan nenos de entre 5 e 12 anos de idade, encabeza a organización Global March, que liberou da escravitude empresarial a uns 80.000 nenos en máis de 160 países.

En canto a Malala, "malia a súa xuventude", leva anos loitando polo dereito das nenas "á educación e mostrou co seu exemplo que os nenos e os mozos tamén poden contribuír a mellorar as súas propias situacións". Ademais, resaltou o Comité Nobel, fíxoo baixo as máis perigosas circunstancias. "Mediante a súa loita heroica converteuse nunha destacada voceira dos dereitos das nenas á educación", engadiu.
Lé o artigo completo aquí.

Limos a noticia en inglés nas clases e respostamos algunhas preguntas. Aquí tedes a ficha do traballo que fixemos.

domingo, 5 de octubre de 2014

11 de OUTUBRO. EMPODERAR ÁS ADOLESCENTES: POÑER FIN AO CICLO DA VIOLENCIA

"As nenas son o futuro así que é fundamental que exista un día que está integramente adicado aos seus asuntos" Leymah Gbowee Premio nobel da Paz 2011
Este ano os esforzos van encamiñados a promover a autonomía das adolescentes brindándolles educación, apoio social e coñecementos, educación práctica e para a vida e a fomentar a súa participación. Deste xeito búscase reducir o risco que sofren as adolescentes de ser vítimas de violencia física, sexual e psicolóxica. Para ilo, exhórtase a gobernos, Nacións Unidas, sociedade civil e institucións públicas e privadas a traballar de modo colaborativo para acabar coa violencia contra as nenas e promover a súa autonomía por medio das seguintes medidas:
1. Investir nas adolescentes para dotalas de destrezas, confianza en si mesmas e opcións de vida a través do núcleo familiar, a escola, a capacitación técnica e vocacional, e os sistemas de apoio sanitario, económico e social.
2. Facilitar o acceso das nenas á infraestrutura, os servizos e a tecnoloxía, buscando que respondan ás súas necesidades de seguridade, conectividade e mobilidade.
3. Coordinar a participación das nenas adolescentes na vida cívica, económica e política.
4. Seguir visibilizando a violencia contra as nenas e as mulleres e insistindo en que é totalmente inaceptable tanto no ámbito privado coma no público.
5. Mellorar a calidade dos datos, a medición e os fundamentos empíricos relacionados co empoderamento das nenas adolescentes e a violencia contra elas.

sábado, 4 de octubre de 2014

11 DE OUTUBRO. DÍA INTERNACIONAL DA NENA

Imaxina unha nena capaz de cambiar o mundo. Podería ser Mariama, de Níxer, á que, aos seus 13 anos, o seu pai casou cun descoñecido que pagou 152 euros por ela. O Itzel, de 15, que vive en Nicaragua, o país con maior taxa de embarazadas entre os 15 e 19 anos e onde de cada 100 partos, 27 son de adolescentes. Itzel, claro, tamén o está. Como elas, uns 900 millóns de nenas e mulleres viven a carga de selo, atrapadas na pobreza, con menos dun dólar ao día. Son os pobres entre os pobres. E non obstante, ninguén como elas podería impulsar o desenvolvemento dos seus países se alguén lles abre unha porta.

Para recordalo a ONU declarou o 11 de outubro o Día Mundial da Nena co fin de recoñecer os dereitos das nenas e os desafíos excepcionais que confrontan as nenas de todo o mundo.
As cifras son moi claras: cada ano de educación secundaria dunha muller reduce a mortalidade dos seus futuros fillos entre un 5 e un 10% e supón un incremento de entre un 10 e un 20% dos seus ingresos cando creza. E o dato é importante, xa que as mulleres inverten o 90% do que gañan na estabilidade do seu fogar, mentres que o varón só dedica entre o 30 e o 40%, de acordo coa media mundial. A premisa deste Día está clara: as nenas educadas son capaces de transformar as súas vidas, as das súas familias e a das súas comunidades. Nunca un investimento terá maior taxa de retorno. Se ben houbo avances significativos na mellora de acceso das nenas á educación nas últimas dúas décadas, moitas nenas, especialmente as máis marxinadas, seguen estando privadas deste dereito fundamental.
As nenas de moitos países seguen sen poder asistir á escola nin rematar os seus estudos debido a obstáculos relacionados coa seguridade, o financiamento, as institucións e a cultura. Mesmo cando as nenas van á escola, a percepción dun rendemento insuficiente debido á mala calidade da educación, as aspiracións reducidas, ou as tarefas domésticas e outras responsabilidades, lles impiden asistir á escola ou lograr resultados axeitados en materia de aprendizaxe. Aínda é necesario lograr o potencial transformador das nenas e as sociedades que promete a educación.
O ano 2013 o Día Internacional da Nena abordou a importancia das novas tecnoloxías e da innovación nas asociacións, as políticas, a utilización de recursos, a mobilización da comunidade e, sobre todo, a participación dos propios mozos. Entre os exemplos de posibles medidas hai que incluír:
1. A mellora dos medios públicos e privados de transporte para que as nenas vaian á escola: dende estradas ata autobuses, ciclomotores, bicicletas, botes e canoas;
2. A colaboración entre os sistemas de ensino e o sector bancario para facilitar o pagamento seguro e conveniente dos salarios ás mestras e das bolsas ás nenas;
3. A provisión de cursos de ciencia e tecnoloxía dirixidos ás nenas nas escolas, as universidades e os programas de formación profesional; 4. Os programas de mentores empresariais para axudar ás nenas a adquirir as aptitudes de traballo e liderado esenciais e facilitar a súa transición da escola ao traballo;
5. A revisión dos plans de estudo para integrar mensaxes positivas sobre as normas de xénero relacionadas coa violencia, o matrimonio infantil, a saúde sexual e reprodutiva, e as funcións masculinas e femininas na familia
6. A aplicación da tecnoloxía móbil para o ensino e a aprendizaxe co fin de chegar ás nenas, especialmente nas zonas remotas.

jueves, 25 de septiembre de 2014

SÍ ME IMPORTA

Arrancamos forte este novo curso difundindo a campaña de Intermón Oxfam para denunciar a importancia da cooperación ao desennvolvemento. Mirade o video do concurso. Non deixa indiferente. Oxfam Intermón lanza un "falso" reality para chamar a atención sobre as consecuencias que os recortes en cooperación teñen sobre as persoas máis pobres. A redución de case un 70% do presuposto para cooperación ao desenvolvemento dende o inicio da crise ten un impacto inmediato na vida de millóns de persoas. Oxfam Intermón lanza hoxe a campaña "Si me importa" para invitar á cidadanía a mobilizarse en favor da axuda ao desenvolvemento. Só tres dos dez participantes do "reality espectáculo" podían salvarse. O resto, os outro sete, tiñan que ser "descartados", perdendo as melloras que na súa vida e a das súas comunidades trouxo a cooperación e poñendo en risco as súas vidas. Deste xeito cru e sarcástico Oxfam Intermón quixo axitar conciencias e presentar de forma gráfica e directa as consecuencias que os recortes en Cooperación Internacional (case un 70% dende que comezou a crise) teñen sobre a vida das persoas máis vulnerables. Aquí podes ler o artigo completo. Este é o enlace á web "Sí me importa", onde atoparás historias, comics, teatro, máis información e xeitos diferentes de sumarte á campaña de Oxfam.

domingo, 11 de mayo de 2014

PALABRAS DE CARAMELO

Un dos libros que limos na clase de galego na 1ª avaliación foi "Palabras de Caramelo" de Gonzalo Moure. Gustounos moito e o mes pasado fixemos este móbil que representa unha das frases do libro: Nas nubes hai camelos brancos que pacen herba de algodón.

MISIÓN: ACABAR CO ACOSO ESCOLAR

Publicamos aquí un video do proxecto sobre acoso que realizamos durante marzo e abril. primeiro comezamos vindo unha película "Acoso nas aulas" e reflexionando por escrito sobre o tema do acoso. Despois de analizar a película, fixemos os noso proxectos en grupos de 4. Presentámolos na clase e entregamos a toda uns dípticos e trípticos coa información dos traballos. Finalmente organizamos unha exposición con todos eles e valoramos a actividade e os traballos dos grupos.

sábado, 29 de marzo de 2014

Alimentación e Nutrición

Antes de expoñer o traballo sobre alimentación e nutrición, cada un dos alumnos e alumnas da clase preparou a súa parte. No video non saen as exposición completas, senón so unha parte das mesmas, para que o video non resultara demasiado longo.
 Este traballo recolleuse nun Power Point común que se pode ver pulsando no enlace da roda dos alimentos:

O resultado fib






lunes, 24 de marzo de 2014

UNHA NENA CREA UNHA SOLUCIÓN CONTRA O BULLYING

Acacia Woodley no es una niña normal. A pesar de que su aspecto es objeto de burlas por algunos compañeros, en lugar de enfadarse o deprimirse, ha convencido a sus profesores para instalar en el colegio un "banco de la amistad". Acacia, que actualmente vive en Florida, nació sin mano derecha y con la izquierda deformada. Al principio su madre no lo llevó muy bien, pensando en todo lo que su hija se iba a perder en la vida. Pero al final, alguien la convenció de que, en realidad, tocaba centrarse en todo lo que sí podía hacer. Así ha educado a su hija. A sus diez años ha vivido en un sinfín de sitios en los Estados Unidos y sabe lo que es enfrentarse al rechazo y a las burlas de otros niños. Pero como cuenta al diario local, ella ha encontrado la forma de ser feliz consigo misma: "No me importa ser diferente, me gusta ser diferente", subraya. En este sentido, cuando alguien le dice que "lo siente por ella", les contesta que no es necesario. Hace unos años, cuando vivía en Carolina del Norte, pidió a la directora hablar a todos sus compañeros en público para demostrarles que no era especial ni rarita, que simplemente era una niña más. Ahora en su actual escuela ha ido más allá creando un lugar para "buscar" la amistad, el consuelo o el ánimo y lo llamó el "banco de la amistad". Fabricado en casa, está pintado de colores vivos y tiene escritas palabras como "respeto", "valor", "sonrisa" y su palabra favorita, "sueño". También convenció a todos de que, igual que se registran y abren expedientes en casos de niños que molestan a otros, debía hacerse con los gestos amables y amistosos. Desde luego, Acacia no es una niña cualquiera y por ello se hace querer. El banco ha sido un éxito rotundo en la escuela, donde todos los niños quieren usarlo y también la directora. Lori Migliore que así se llama la responsable del centro, lleva allí a los alumnos para poner punto y final a una disputa. Dice que los usos del "banco de la amistad" son infinitos. Como el caso de Acacia y su empeño de "enfocarse en lo positivo" se están haciendo conocidos, ya les han llegado algunas peticiones de otros colegios para tener su propio banco de la amistad. ¿Qué te parece el ejemplo de Acacia Woodley? ¿y su espíritu de superación?

jueves, 27 de febrero de 2014

PROXECTO DIGNIDADE

GRAZAS A TI FOI POSIBLE

APRENDEMOS COA ONG "MUNDO COOPERANTE"

Coñecimos a Rosa en xaneiro, cando veu na nosa clase para falarnos das desigualdades sociais e de xénero no mundo. O primeiro día estivemos en grupos. Cada un eramos un país con un problema tremendo que tiñamos que solucionar: analfabetismo, fame, medioambiente afectado, desigualdade de xénero e pobreza extrema. En cada grupo había unha persona especialista: médic@, profesor@, polític@ e cidadán ou cidadana. E entre tod@s, buscamos solucións para resolver estes problemas e contámosllo aa clase.
 O segundo día, Rosa explicounos que é e como funciona unha ONG. Vimos fotos dos paises que ela visitou, como vive a xente e tamén dos proxectos que ten a súa ONG nestes países. Esa semana tamén visitamos a exposición con catro proxectos da ONG en Colombia, na India en Kenia e Tanzania e en Etiopía e completamos unha ficha. Clica aquí para vela.
  O terceiro día vimos un video sobre as nenas as que mutilan e o proxecto de "Pulseiras Masai" no que nos comprometimos a participar. Para que todo a colexio coñeza este problema, escribimos un resumo do noso traballo e fomos por todas as clases de primaria para presentalo. Aquí tedes unha gravación de nosa presentación.
  Aquí tedes o enlace ao discurso.

domingo, 23 de febrero de 2014

DIFUNDIMOS A CAMPAÑA DE MUNDO COOPERANTE

Presentamos tamén o noso proxecto na escola rural de Chaián. Fomos antes de empezar a escola e a nai de Irene recolleunos e gravounos. Grazas, Esperanza!

sábado, 22 de febrero de 2014

MISTERIO E DELICADEZA DA ÓPERA CHINESA

Personaxes da ópera, impresionante maquillaxe, vestiario espectacular e auténtica música chinesa.

O SEGREDO DAS MÁSCARAS NA ÓPERA CHINESA

Estas máscaras son un misterio para nós, pero as persoas que coñecen a ópera chinesa poden identificar o carácter e o papel que representará unha personaxe na ópera só con botar unha ollada. Cal é o segredo? Saber o que representa cada cor. Na clase de plástica fixemos estas máscaras e tamén as fotos, menos a da clase, claro, que a fixo o profesor.
Queres xogar? Imos pescudar que representa cada cor.

sábado, 8 de febrero de 2014

RIQUEZA NO MUNDO

Aquí atoparás dous xogos nos que verás imaxes de situacións cotiás e terás que identificar a emoción que suxiren. A que conclusión chegaches despois de facelos xogos?
Clica na imaxe para xogar. 





No mundo existen moitas culturas e todas son moi diferentes, pero as persoas desas culturas teñen algo básico en común: todas senten as mesmas emocións. Os sentimentos únennos. Aínda que vivimos en circunstancias moi diferentes, os sentimentos e as emocións son as mesmas en calquera lugar do mundo. As diferencias nas culaturas enriquécennos, fannos máis grandes.

lunes, 3 de febrero de 2014

PROXECTO PULSEIRAS MASAI: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A MGF

A PULSEIRA MASAI é símbolo da loita pola dignidades das mulleres e nenas(MGF) que ten adoptado Mundo Cooperante e as organizacións locais de Kenia e Tanzania coas que traballan dende fai anos para terminar con esta terrible violación dos dereitos humanos. O día 6 de Febreiro celébrase o Día Internacional contra a MGF. Pedimos o teu apoio, comprando a pulseira e difundindo a campaña.

PREMIO MARTIN LUTHER KING A UN EDUCADOR ESPAÑOL

Un educador español gana el premio Martin Luther King e Long Island este ano 2014.
Le aquí a noticia

MULLERES QUE CAMBIAN O MUNDO: AGNES PAREGIO

KENIA, 1956 Agnes Paregio é unha activista social masai, que loita contra a ablación en toda África. En 2005 as Nacións Unidas proclamárona "Muller do ano" pola súa loita contra esta práctica. Traballou para Maendeleo Ya Wanawake, unha gran organización de mulleres en Kenia, encargada de coordinar a campaña contra as prácticas tradicionais perigosas para mulleres e nenas. Empezou a recibir a nenas que escapaban da mutilación xenital feminina (MXF) e dos matrimonios temperás, polo que decidiu fundar unha organización, Tasaru Ntonomok (Rescate da Muller). A organización encárgase de informar sobre o perigo da MXF e dispón ademáis dunha casa de acollida para nenas que fuxen das súas casas para evitar a mutilación xenital. Agnes desprázase as chozas de palla e adobe e fala con pais, nais e av@s. Trata de convencelos do dañino que resulta este ritual, símbolo do paso da infancia á vida adulta. Percorre as escolas da súa comunidade para explicarlle a estudiantes, varóns e mulleres,e conciencialos sobre os trastornos físicos e psicológicos que produce esta tradición. As súas charlas provocan ao principio risas e vergoña, pero ao final deixa clara a a súa mensaxe aos xóvenes, quen aofinal da exposición quedan en silencio. “Para os masai, una nena non está lista para casar se non se lle ten practicado a ablación. Os homes non as queren como esposas, e a familia non recibe a dote que normalmente se entrega a cambio”, explica Agnes. “Eu trato de animar á xente a que adopte rituais simbólicos, que non impliquen poñer en riesgo a saúde das mulleres, como sucede con a mutilación xenital, que as perxudica enormemente ´á hora de manter relacións sexuais ou de dar a luz”. Hai varios tipos de mutilación. O máis radical practícase en Sudán, Eritrea, Yibuti, Somalia, Etiopía y Malí. O seu obxectivo é preservar a castidade das xóvenes ata o matrimonio.