Mostrando entradas con la etiqueta China. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta China. Mostrar todas las entradas

sábado, 22 de febrero de 2014

MISTERIO E DELICADEZA DA ÓPERA CHINESA

Personaxes da ópera, impresionante maquillaxe, vestiario espectacular e auténtica música chinesa.

O SEGREDO DAS MÁSCARAS NA ÓPERA CHINESA

Estas máscaras son un misterio para nós, pero as persoas que coñecen a ópera chinesa poden identificar o carácter e o papel que representará unha personaxe na ópera só con botar unha ollada. Cal é o segredo? Saber o que representa cada cor. Na clase de plástica fixemos estas máscaras e tamén as fotos, menos a da clase, claro, que a fixo o profesor.
Queres xogar? Imos pescudar que representa cada cor.

viernes, 7 de junio de 2013

OS MELLORES INVENTOS CHINOS

China foi a cuna de moitos inventos imprescindibles para a nosa vida cotiá. Os chinos aportaron a humanidade obxetos e tecnoloxía imprescindibles na nosa vida. Son inventos chinos a porcelana, a cometa, o papel, a imprenta, as cartas, a laca,a pirotecnía, o reloxo mecánico,o paraugas, a chave, o ábaco e ata a pintura fosforescente. Sabiades que tamén inventaron o fútbol? Nesta presentación vemos algúns deles. IVÁN E JOSÉ

A CONSTRUCCIÓN MÁIS GRANDE DO MUNDO

A gran muralla China e a única construcción humana visible desde o espazo, sin duda, un dos lugares maís importantes para visitar. Está dotada dunha serie de portas, de cuarteles e torres de vixianza. Agora un video con fotos da gran muralla China.
ADRIÁN E LUÍS

martes, 4 de junio de 2013

DESCUBRINDO OS SEGREDOS DA GRAN MURALLA

Levamos uns días trballando en estas entradas sobre o Taj Mahal, e a Muracha Chinesa ,(como é o noso caso) e finalmente, o noso traballo, que nos custou moito, xa o podedes ver A Muralla Chinesa , oviamente está en china. É o monumento mais largo da Terra. Increible!!No seu camiño, averiguamos que había unhas replicas de ''Guerreros de terracota'', xa os ides ver. A nosa opinión, é que este traballo foi interesante, porque aprednemos cousas deste monumento. Bueno, aquí o tedes:)

DANI, MARÍA E LAURA

INVENTOS CHINOS QUE TRANSFORMARON A NOSA VIDA

En esta entrada imos facer unha introducción para que vos enteredes mellor do Photo Peach. En este Photo Peach aparecerán inventos chinos, que solemos ver normalmente, os cales foron e son algúns dos inventos máis útiles de toda a humanidade, explicaremos quen e cando se inventaron e curiosidades ou utilidades. Esperamos que vos guste.
ÁLVARO E LANDEIRA

domingo, 5 de mayo de 2013

CHINA

China, ese inmenso e marabilloso país, enigmático e ao mesmo tempo tan cercano a nos en tantas ocasións. Imos dar un paso máis para coñecelo un pouco mellor.

miércoles, 20 de junio de 2012

A GRAN MURALLA CHINA


Un pouquiño sobre a súa popularidade:
A Gran Muralla China foi declarada patrimonio Mundial da UNESCO en 1987 e a súa quilométrica estrutura de pedra é una das maiores atraccións turísticas do mundo,é nada menos que o undécimo lugar máis visitado do planeta!

Un pouquiño sobre a súa estrutura:
A súa lonxitude actual é de 8.851 Km tras descubrir sobre uns 2.000 Km novos. Mide una media, de 6 a 7 metros de alto y de 4 a 5 metros de ancho. Na zona máis alta da muralla  elevase a máis de 3.500 metros!
Os materiais usados son os que había dispoñibles na zona, por iso, son diferentes segundo a zona da muralla. Cerca de Pekín utilizouse pedra caliza, e logo principalmente usouse o granito e o ladrillo cocido,. Básicamente era un largo valo de arcilla e area cuberto con varias paredes de ladrillo, esas paredes foron as que a fixeron moi resistente aos impactos das armas de asedio.

Un pouquiño da súa historia:
Foi  creada  por  Qin Shi Huang no ano 221 a.C.
Contan que os miles de obreiros que morreron mentras a construían foron enterrados nos seus cementos,pero en realidade foron enterrados  nas súas  inmediacións.
Na súa época de esplendor estivo custiodada por máis de 1.000.000 de soldados  nun  recorrido que chegou a alcanzar os 20.000km.

Miriam Baleato
Sheila Bouzas

NI UNO MENOS

 A película narra a historia dunha nena de 13 anos, Wei Minzhi, que ten que sustituir durante un mes ao seu mestre, por orden do alcalde, nun pequeno e  aillado pobo das montañas. O profesor deixalle un anaco de xiz para cada día e a promesa de que lle dará 10 yuan se nengún estudiante abandona a escola ata o seu regreso. Pero o revoltoso Zhang Huike abandona a clase para ir á cidade en busca de traballo e a abnegada Minzhi buscará o xeito de traelo de volta.



                                                       

jueves, 23 de febrero de 2012

Quen gañará a batalla das linguas no mundo globalizado? De momento o inglés vai gañando en internet, pero… por canto tempo?
O Inglés foi a lingua dominante a nivel global durante un século. Pero… será a lingua do futuro? O Chino-mandarín está a desafíalo tanto nos negocios como na escola, pero primeiro terá que conquistar o sudeste asiático.
Le aquí a noticia complete publicada o pasado 12 de febrero no xornal de internet  BBC Mundo versiónmóvil.

sábado, 21 de enero de 2012

O ANO DO DRAGÓN. O ANO NOVO CHINÉS

O ANO NOVO CHINÉS

Este ano é o ano do dragón.
Sorprendeume moito saber que o ano novo non é a mesma data para todo o mundo. Na India este ano celebrouse o 26 de outubro e para a comunidade chinesa este ano é o 23 de xaneiro. Pero o día do ano novo vai cambiando porque o calendario chinés combina o calendario solar e o lunar.
Esta antiga cultura está extendida por todo o planeta e a o ano novo chinés celébrase en todos os lugares do mundo onde haxa unha comunidade chinesa, dende San Francisco a Barcelona ou Madrid. É a festividade más importante e máis longa no seu calendario. Dura 15 días.
O ano novo chino está cheo de símbolos, tradicións coloridas e unha mensaxe de paz e boa sorte para o ano que vai vir.
A lenda
As tradicións chinesas son fascinantes. Todo comezou cunha famosa lenda. A cruel besta Nien gustáballe comer a xente a víspera de ano novo. Cada recorte de papel, cada lanterna, cada petardo no Ano Novo é algo para escorrentar á besta. Nien ten medo da cor vermella, dos ruídos fortes e do lume. Pola mañá a xente celebra o eu éxito sobre nien un ano máis.
Tradicións
Durante o festival, a xente compra regalos e limpan a casa para librarse da mala sorte. Abren portas e ventás para deixar sair ao ano vello e píntan crstais e portas de vermello e decóranas con papeis vermellos cortados.
Outras tradicións son regalar cartos @s nen@s dentro dun sobre vermello, ir visitar a familiares e amig@s e facer un desfile con traxes de cores e un dragón que da boa sorte.
Hai unha comida especial para esta festa. O polo enteiro simboliza que a familia está xunta, as mandarinas, laranxas e outros cítricos dan boa sorte e os rollitos de primavera simbolizan a riqueza.

Marta Veiras

viernes, 13 de enero de 2012

OS PAISES EN INGLÉS

Durante a primeira avaliación, fixemos un traballo en inglés sobre os países dA feira. En primeiro lugar, tivemos que respostar una serie de preguntas sobre datos: a súa capital, o número de habitantes, as linguas oficiais… Para conseguir a información, tivemos que consultar wikipedia en inglés.
Outro día, Cassandra explicounos (en inglés) como facer un power point. E volta a empezar, fixemos a frases máis sinxelas para as diapositivas e buscamos fotos para cada una delas. Aquí tedes o resultado.


jueves, 3 de noviembre de 2011

APRENDENDO MANDARÍN: palabras útiles

Ao longo do proxecto imos aprender algunhas palabras en árabe, chinés, hindi, brasileiro, rumano, portugués e wolof.Na clase xa nos saludamos en mandarín e en árabe.É divertido! A tod@s fainos gracia. Con este video imos estudar algunhas palabras en mandarín, a lingua maioritaria en China.


miércoles, 2 de noviembre de 2011

As linguas da Feira das Nacións (II): China




(Mapa das principais linguas da China e mostra de alfabeto chinés. Fonte: google)

Hai diferentes clasificacións de
dialectos chineses, dependendo de como está escrito e do criterio de intelixibilidade mutua, mais este on é difícil de definir.


A clasificación común é a seguinte:


Discurso do norte ou Mandarín, 836 millóns de falantes.
• O wu, 77 millóns.
Os dialectos min, 70 millóns.
Cantonés ou Yue, 55 millóns.
• O jin, 45 millóns.
Idioma Xiang ou Hunan 36 millóns.
• O hakka ou Keji, 34 millóns.
Gan, 31 millóns.
• O hui, 3,2 millóns.
• O Pinghu, 3,5 millóns.


Jennifer López Becerra e Sandra Noya Redondo