Mostrando entradas con la etiqueta mgf. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mgf. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de febrero de 2014

APRENDEMOS COA ONG "MUNDO COOPERANTE"

Coñecimos a Rosa en xaneiro, cando veu na nosa clase para falarnos das desigualdades sociais e de xénero no mundo. O primeiro día estivemos en grupos. Cada un eramos un país con un problema tremendo que tiñamos que solucionar: analfabetismo, fame, medioambiente afectado, desigualdade de xénero e pobreza extrema. En cada grupo había unha persona especialista: médic@, profesor@, polític@ e cidadán ou cidadana. E entre tod@s, buscamos solucións para resolver estes problemas e contámosllo aa clase.
 O segundo día, Rosa explicounos que é e como funciona unha ONG. Vimos fotos dos paises que ela visitou, como vive a xente e tamén dos proxectos que ten a súa ONG nestes países. Esa semana tamén visitamos a exposición con catro proxectos da ONG en Colombia, na India en Kenia e Tanzania e en Etiopía e completamos unha ficha. Clica aquí para vela.
  O terceiro día vimos un video sobre as nenas as que mutilan e o proxecto de "Pulseiras Masai" no que nos comprometimos a participar. Para que todo a colexio coñeza este problema, escribimos un resumo do noso traballo e fomos por todas as clases de primaria para presentalo. Aquí tedes unha gravación de nosa presentación.
  Aquí tedes o enlace ao discurso.