Mostrando entradas con la etiqueta C. Sociais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta C. Sociais. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de diciembre de 2013

OBXECTIVOS DO MILENIO


A escasez de igualdade de oportunidades e a desigualdade de xénero son situacións que se dan en todos os países; a pobreza, a exclusión e a marxinalidade son as súas causas máis visibles. A pesar de todo, é nos países en vías de desenvolvemento onde esta desigualdade é máis notoria e onde faise  necesariofacer máis  esforzo para conseguir a consecución dos dereitos máis fundamentais do ser humano.

Dende diversos organismos internacionais e institucións locais estanse poñendo en marcha numerosas accións, que pretenden fomentar esa igualdade de dereitos entre todos os habitantes do planeta. Unha das máis importantes, polo compromiso que implica de todos os Estados que firmaron, é a Declaración do Milenio (ano 2000), na que se propoñen oito metas a conseguir no 2015 para reducir esta desigualdade: los oito Obxetivos de Desenvolvemento do Milenio.




viernes, 21 de junio de 2013

Para os meus/miñas profes de 1º ESO, porque se vos quere.

Este curso, xa marchou, así sen máis, e quero agradecervos todos os bos ratos que pasamos con vos, incluso os malos e gracias por ensinarme tal cantidade de cousas. Esta entrada non estaba prevista, xa que é unha sorpresa. Bueno,espero que vos guste:D. Sen máis, con moito agarimo, Daniel Castro Álvarez Profes!! on PhotoPeach

lunes, 18 de marzo de 2013

8 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O alumnado de secundaria, para o día da muller traballadora, fixemos un proxecto ca participación dos departamentos de sociais, naturais, lingua galega, lingua castelá e plástica, e as titorías de 1º, 2º e 3º. Consistiu no seguinte: 1) Primeiro puxémonos por parellas para buscar e elaborar unha biografía sobre unha muller famosa que fora dun dos oito países do proxecto e que tivera algún vínculo coa materia que daba o profesor. Por exemplo: En Ciencias da Natureza, fixemos biografías de científicas famosas. Nas outras materias e cursos seleccionaron mulleres importantes do mundo en deporte, literatura, ciencia, música, historia… 2) Cada un@ de nos fixemos unha diapositiva de Power Point coas biografías, no que figuraban: Data de nacemento e morte (en caso de que falecera), profesión e nacionalidade. Destacamos cales foron os seus logros e de que xeito contribuíu á sociedade. Tamén incluímos o que máis nos impresionou da súa vida. 3) Os Power Point foron enviados por correo electrónico e escaneamos os debuxos que fixemos en plástica. @s de terceiro fixeron o rótulo para un mural con todas as biografías e todos os debuxos que colocamos no corredor. 4) A titora fixo un power point con fotos e con todas as biografías. Aquí o podedes ver. Opinión persoal do proxecto: A min este proxecto gustoume moito, xa que aparte de ser entretido tamén aprendes cousas importantes de xente importante, información que pode ser moi útil no futuro. Doulle un 9.

miércoles, 30 de mayo de 2012

O CRISTO DE CORCOVADO en BRASIL


Esta maxestuosa obra realizouse entre os anos 1920 e 1931. Está considerada o símbolo  de Brasil.

O Cristo Redentor ou Cristo de Corcovado está situada en Río de Janeiro na cima do cerro de Corcovado. Pesa 1.145 toneladas de hormigón armado e mide 38 metros de altura. Está a 710 metros sobre o nivel do mar e recibe aproximadamente 770.000 visitas ao ano. Esta obra realizouse en conmemoración dos 109 anos da independencia brasileira. Foi inaugurada o día 12 de outubro do ano 1931.

Os arquitectos que  deseñaron a escultura foron o brasileiro Heitor da Silva Costa e o francés Paul Landowsky.

Considerada a estatua Art Decó máis grande no mundo. É recoñecida como una das Novas Sete  Maravillas do Mundo Moderno xunto a Machu Picchu en Perú, a Muralla China, o Coliseo de Roma, o Taj Majal na india, Chitchen Itzá en Mexico e Petra en Xordania. Foi declarada patrimonio da humanidade.

Diego Gutierrez

viernes, 11 de mayo de 2012

CASTELO DE BRAN



CASTELO DE BRAN- ROMANÍA

No século XIV, o Castelo formaba parte dun complexo de ciudadelas da frontera.
O primeiro certificado da ciudadela de Bran, data do 19 de Novembro de 1377.
Construído no 1378 sobre o cumio dunha rocha, o Castelo de Bran foi unha torre
de defensa e control do camino comercialque conectaba a provincia Valachie e
Transilvania, punto de aduana, residencia real e hoxe museo da historia e arte feudal.
Ese Castelo foi unha inspiración para a novela de Drácula. O Castelo está situado
no pasillo Bran- Rucar, antiga carretera comercial e estratéxica entre Transilvania
e Valachia. O muro de defensa construíuse en pedra calcaría bruta, por iso nas
reparacións que ten, hai algúns anacos onde se añadiron algúns ladrillos. A súa
altísima torre da peña,de forma que todo intento de ataque estaba condenado ó
fracaso. A vocación defensicva repítese no agradable patio inferior, cuia fonte esconde
un labirinto de paisaxes subterráneas.
Entre 1920 e 1930, o Castelo alberga a residencia que fixo modificacións novas cun bo
gusto.
Para compensala, os luxosos salóns, decorados con mobles importados de Europa
occidental pola reina María. Comunícase por estreitas escaleiras de caracol, como as
que un imaxina que debe ter un Castelo de época.







































SONIA PUMAR MUÍÑO – JENNIFER LÓPEZ BECERRA – SANDRA NOYA REDONDO

jueves, 19 de abril de 2012

VIAXE ARREDOR DO MUNDO


Na clase de Sociais propuxemos facer unha viaxe imaxinaria que pasara polos oito países do PRI. Consistía en que, ao pasar por eses países, tiñamos que incluír os monumentos que tiñan, o clima, a vexetación, a fauna e outros aspectos.
Nesta viaxe podíamos utilizar calquera medio de transporte: tractor, avión, coche, barco, globo… Despois distribuímonos en parellas e un trío para escribir esta viaxe. Tiñamos de prazo 3 semanas para facer a actividade.
Foi unha viaxe que nos encantou.

Adrian Castro, Sandra Noya e Álvaro Noya

domingo, 11 de diciembre de 2011

QUE HORA É?


Durante esta avaliación, na clase de Sociais investigamos por parellas sobre algún aspectos xeográficos relacionados cos países de PRI: Situación, fusos horarios, ríos e montañas máis importantes.

Primeiro buscamos en qué hemisferio están situados e a súa capital.
No hemisferio norte atópanse: Colombia, Marrocos, Senegal, Romanía China, India e Portugal.
No hemisferio sur so se atopa Brasil.

Capitais:
Brasil: Brasilia                    Romanía: Bucarest
Colombia: Bogotá               China: Pekín /Beijing
Marrocos: Rabat                 India: Nova Delhi
Senegal: Dakar                   Portugal: Lisboa

Tamén investigamos os fusos horarios de cada país. Que hora é nos outros países cando aquí son as 12 do mediodía? E de día ou de noite?
Os fusos horarios son debidos ao movemento de rotación da terra. A hora solar varía de modo que en cada momento hai 24 horas diferentes sobre a superficie terrestre. Considerando a terra como una esfera e dividindo a súa circunferencia de360\ entre as 24 horas do día, resulta que a cada hora correspóndenlle 15º. Esta dimensión é un fuso horario, cada una das partes limitadas por dous meridianos separados entre eles por 15º.

Atención! Cando se cambia de posición de fuso horario, hai que adiantar o reloxo se vas cara o leste e atrasalo se vas cara u oeste.

Ás 12:00 horas en Trazo, Galicia, España...
Que hora sería en cada unha das capitais dos países da feira?
En Bogotá serían as 9:00 da mañá.
En Brasilia serían as 10:00 da mañá.
En Rabat serían as 11:00 da mañá.
En Dakar serían as 11:00 da mañá.
En Lisboa serían as 11:00 da mañá.
En Bucarest serían as 14:00 da tarde.
En Nova Delhi serían as 17:00 da tarde.
En Beijing serían as 20:00 da noite.