Mostrando entradas con la etiqueta c.sociais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta c.sociais. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de junio de 2012

A GRAN MURALLA CHINA


Un pouquiño sobre a súa popularidade:
A Gran Muralla China foi declarada patrimonio Mundial da UNESCO en 1987 e a súa quilométrica estrutura de pedra é una das maiores atraccións turísticas do mundo,é nada menos que o undécimo lugar máis visitado do planeta!

Un pouquiño sobre a súa estrutura:
A súa lonxitude actual é de 8.851 Km tras descubrir sobre uns 2.000 Km novos. Mide una media, de 6 a 7 metros de alto y de 4 a 5 metros de ancho. Na zona máis alta da muralla  elevase a máis de 3.500 metros!
Os materiais usados son os que había dispoñibles na zona, por iso, son diferentes segundo a zona da muralla. Cerca de Pekín utilizouse pedra caliza, e logo principalmente usouse o granito e o ladrillo cocido,. Básicamente era un largo valo de arcilla e area cuberto con varias paredes de ladrillo, esas paredes foron as que a fixeron moi resistente aos impactos das armas de asedio.

Un pouquiño da súa historia:
Foi  creada  por  Qin Shi Huang no ano 221 a.C.
Contan que os miles de obreiros que morreron mentras a construían foron enterrados nos seus cementos,pero en realidade foron enterrados  nas súas  inmediacións.
Na súa época de esplendor estivo custiodada por máis de 1.000.000 de soldados  nun  recorrido que chegou a alcanzar os 20.000km.

Miriam Baleato
Sheila Bouzas

viernes, 11 de mayo de 2012

CASTELO DE GUIMARAES

O Castelo de Guimarães está situado na cidade de mesmo nome, que é na parroquia de Oliveira do Castelo en Guimarães Consello, o Distrito de Braga, Portugal.

Estar nunha posición dominante no Campo de San Mamés, este monumento está ligado á fundación do Condado Portucalense deindependencia e loitas de Portugal, sendo popularmente designada como o berce da nacionalidade.

Clasificado como Monumento Nacional o 07 de xullo de 2007 foi escollido como unha das Sete Marabillas de Portugal.

O Castelo Polo día.













Noelia Casas García
Marta Veiras Noya

lunes, 23 de abril de 2012

HISTORIA DO FEMINISMO


Hai unhas semanas o profesor de inglés, Franchesco dounos unha charla sobre a historia do feminismo. Aprendemos moito, tamén o pasamos moi ben!

A historia das mulleres é tamén a historia da humanidade, pero non a recoñecemos porque antes as mulleres non tiñan importancia, xa que só se coñece a historia dos homes famosos e importantes. Pero as mulleres loitaron e aínda loitan hoxe en día defendendo a igualdade entre homes e mulleres, o feminismo. Ao longo da historia houbo moitas mulleres que adicaron a súa vida a mellorar os nosos dereitos. Algunhas destas foron: Olímpia de Rouge, Clara Zethin, Florence Nightingale, Alexandra Kollotai, Emma Goldman...
Hoxe en día as mulleres son moi poucas as que son presidentas, albañís, bombeiras… e cobran o 23% de saldo menos cos homes.
A linguaxe tamén é sexista, por ejemplo na escola dínnos:
- Quen estea castigado queda aquí no recreo.
- Podedes ir saíndo todos o recreo.
Parécenos que xa non fai falta falar de igualdade de dereitos das mulleres, pero vemos que aínda hai que cambiar moitas cousas.


Jennifer-Iván-Marta

domingo, 11 de diciembre de 2011

BOTA CONTAS

Se un partido de futbol da selección Peruana sub20, se xoga en Río de Janeiro ás 22:00 horas...
 A que hora se transmite en directo por TV nas seguintes cidades?





MEDELLÍN

MARRAKECH

AGRA
IASI

PORTO

TAIPEI

ZIGUINCHOR











Vía edutekavilmer

RÍOS E MONTAÑAS

Na clase de Sociais tamén cruzamos ríos e escalamos montañas. Auí tedes os que coñecimos. 


OS RÍOS MAÍS IMPORTANTES

Cansámonos de nadar buscando os ríos que percorren estes países, pero al fin logramos chegar a beira e aprendelos:
En Brasil está o río máis longo do mundo: O río Amazonas.
Colombia: o río Putumayo.
Portugal: O río Tejo, que pasa pola súa capital, Lisboa.
Senegal: hai 3 ríos importantes, o río Senegalo Gambia e o río Casamance.
Romanía: o río Dniéster.
Marrocos: non ten ningún río importante. Hace 1000 años o río máis longo era o río Draa (uns 1.100m), que nace no alto Atlas e desemboca no Atlántico (é a fronteira con Arxelia). Actualmente, as suas augas se filtran nas areas do deserto e so en anos de chuvia excepcional recupera o seu leito. 
China: O río Huang He (río Amarillo), e o Iangtsé.
India: O famoso río sagrado para os indios, o río Ganges.

ALGÚNS RÍOS DO MUNDO on PhotoPeach

Musica:  Danza das frautas de cana da Suite O Quebranoces, de Tchaikovsky.

AS MONTAÑAS MÁIS ALTAS

Ao final de todo, cando más cansad@s estabamos, tivemos que escalar as montañas máis importantes dos países, para saber canta altura tiñan e o seu nome. Así soubemos que...

En Brasil está o Pico de Bandeira, con 2.590m
En Colombia: subimos ao pico Cristobal Colón, con 5.770m e o Alto Ritacua, con 5.493m.
En Marrocos: esquiamos no Toubkal, con 4121m.
En Senegal: Sambaya Kedougou, con 395m.
Romanía: Vf. Moldoveanu con 2.543m.
En China subimos o pico máis alto do mundo, o Everest, que ten 8848m. Está na cordillera do Himalaya que marca a fronteira entre Nepal ( o norte da India) e o Tibet (país ocupado por China).
En India,  o pico Kanchenjunga entre India  e Nepal, con 8.570m.
En Portugal fomos a serra da Estrella ao pico Estrela, que ten 1991m.

Rematamos agotad@s de tanta actividade, pero pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas.

8 MONTAÑAS da FEIRA DAS NACIÓNS on PhotoPeach

Música: Danza de Trepak, da Suite O Quebranoces, de Tchaikovsky. 

FUSOS HORARIOS

Clica na imaxe parar ler algo máis sobre os fusos horarios e comproba o que sabes contestando as preguntas propostas.



Visto en  blog edutekavilmer 

viernes, 4 de noviembre de 2011

QUE HORA É EN...?

Mentres van chegando os reloxos que faltan para os oito que precisamos, podemos consultar neste mapa a hora que é en calquera país do mundo sen mais que pinchar nel. En breve escribiremos algo mais aquí contando o que traballamos días atrás en sociais sobre os fusos horarios.