Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de diciembre de 2013

INSTRUMENTOS MUSICAIS DO MUNDO

Aproveitando a exposición dos instrumentos musicais do mundo, o alumnado de 4º de Música _Alba, Brais, Esteban, Iria, Margarita e Martín_ encargouse de clasificalos e crear unhas presentacións coa información básica. Uns foron moito máis doados ca outros; esperamos que lles saquedes proveito.

jueves, 21 de noviembre de 2013

MOSTRA DE INSTRUMENTOS DO MUNDO

A semana antes do concerto fomos ver unha exposición de instrumentos de todo o mundo. Os instrumentos trouxéronos a mestra de inglés, o mestre de música e galego e o de tecnoloxía . Na exposición hai máis de 40 instrumentos de todos os continentes. Hai instrumentos de percusión ,de vento e de corda. Todos moi diferentes. Na clase de PRI fixemos varias actividades en grupos de 4. Primeiro, clasificamos os instrumentos polo continente ao que pertencían. Cando comentamos a actividade vimos que non era tan fácil. Despois a mestra dounos uns post-its cos nomes dalgúns instrumentos e en grupo tivemos que identificalos. Tamén dixemos a que familia pertencían. Logo toda clase compartimos o que fixemos. O que máis nos gustou foi á semana seguinte, cando na clase de PRI fomos a aula da exposición a tocar os instrumentos. En fin , foi a nosa primeira exposición de instrumentos de todo o mundo. !Foi xenial! S.Vieites, Yago, Lucas, González e Nerea Música: María Rita (Brasil). Canción: "O Homen Falou"

martes, 5 de noviembre de 2013

CONCERTO DE MÚSICA SENEGALESA

O día 22 de outubro fomos ao auditorio de Galicia en Santiago a un concerto. Os músicos eran catro homes e una muller. Os músicos entraron tocando tambores senegaleses. A muller tiñan una voz incrible e bailaba moi ben. Cando os músicos tocaban rápido, a muller seguíalles o ritmo sen ningún problema. Era incrible ver como bailaban con tanto entusiasmo. O que máis nos gustou do concerto foi a danza da choiva. Aprendemos moitas cousas relacionadas coa súa cultura e a importancia que ten a música na vida cotiá en Senegal. Aquí tedes unha presentación de fotos dese día Ao día seguinte na clase de PRI fixemos una valoración da actividade. Se pinchades aquí, podedes ler algunhas das nosas opiniónS e reflexións sobre o concerto. E aquí tedes una anaco do concerto para lembrarnos da música. Brais, Alex, David e Irene.

miércoles, 30 de noviembre de 2011

O fado de Portugal xa é Patrimonio Inmaterial da Humanidade



O fado de Portugal xa é Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Sucedeu este día 27 de novembro, e na mesma sesión a UNESCO tamén recoñeceu a outras cinco músicas do mundo: o Mibu no Hana Taue, ritual do transplante do arroz en Mibu, Hiroshima (Xapón); o Sada Shin Noh, conxunto de danzas sagradas do Santuario de Sada, Shimane (Xapón); o balafón das comunidades senufo de Malí e Burkina Faso e o mariachi mexicano. No xornal portugués Público sinalan: «A partir de agora, o fado não é apenas a canção de Portugal, a canção de Severa, Marceneiro, Amália, Carlos do Carmo, Camané, Ana Moura e Carminho – é um tesouro do mundo. Um tesouro que fala de Portugal, da sua cultura, da sua língua, dos seus poetas, mas que também tem muito de universal nos sentimentos que evoca: a dor, o ciúme, a solidão, o amor».
A música do fado, como podedes escoitar no video, é fermosa e tristeira, menos o fado lisboeta do que o fado de Coimbra, moito máis clásico e tradicional. As voces de Amália Rodrigues ou Carlos do Carmo xúntanse ás novas fadistas tan diferentes como Dulce Pontes, Mísia, Mariza, Ana Moura ou Cristina Branco, por citarmos algunhas.