Brasil, Brasil, como no, como no.
Xeografía, música, deporte, cultura, historia....
Esta vez imos ler en inglés e coñeceremos ademáis esta ferramenta dixital chamada Glog. É simplemente un poster interactivo.
Mostrando entradas con la etiqueta Brasil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Brasil. Mostrar todas las entradas
domingo, 5 de mayo de 2013
miércoles, 30 de mayo de 2012
O CRISTO DE CORCOVADO en BRASIL
Esta maxestuosa obra realizouse entre os anos 1920 e 1931. Está considerada o símbolo de Brasil.
O Cristo Redentor ou Cristo de Corcovado está situada en Río de Janeiro na cima do cerro de Corcovado. Pesa 1.145 toneladas de hormigón armado e mide 38 metros de altura. Está a 710 metros sobre o nivel do mar e recibe aproximadamente 770.000 visitas ao ano. Esta obra realizouse en conmemoración dos 109 anos da independencia brasileira. Foi inaugurada o día 12 de outubro do ano 1931.
Os arquitectos que deseñaron a escultura foron o brasileiro Heitor da Silva Costa e o francés Paul Landowsky.
Considerada a estatua Art Decó máis grande no mundo. É recoñecida como una das Novas Sete Maravillas do Mundo Moderno xunto a Machu Picchu en Perú, a Muralla China, o Coliseo de Roma, o Taj Majal na india, Chitchen Itzá en Mexico e Petra en Xordania. Foi declarada patrimonio da humanidade.
Diego Gutierrez
martes, 8 de mayo de 2012
EDUCACIÓN: MATERIA PENDENTE EN BRASIL
Nos últimos 15 anos Brasil conseguiu ofrecer educación escolar a toda a poboación infantil, pero aínda é un servizo no que queda moito por facer.
Hai falta de profesorado cualificado, as instalacións son precarias e o material e a masificación do alumnado nas aulas son algúns dos retos por resolver na educación pública.
Esta noticia do xornal BBC mundo explica, de man de xóvenes estudantes a brecha entre as escolas públicas e as privadas.
viernes, 13 de abril de 2012
BRASIL: UNIFORMES ESCOLARES INTELIGENTES
Comenta a noticia. Mira o video e fainos saber cal é a túa opinión sobre o tema.
Etiquetas:
actualidade,
Brasil,
educación,
pri
sábado, 24 de marzo de 2012
BRAZIL & COLOMBIA
Etiquetas:
Brasil,
Colombia,
inglés,
power-point
lunes, 24 de octubre de 2011
As linguas da Feira das Nacións (I): Brasil

A lingua oficial é o portugués e é falado por case toda a poboación.
Hai tamén uns 170 linguas indíxenas, que foron clasificadas en 20 familias lingüísticas diferentes. O número medio de falantes de linguas indíxenas foi de preto de 155.000 individuos en 1999. A maioría dos indios é bilingüe, en portugués, tendendo a desaparecer entre os indíxenas o monolingüísmo.
Polas ondas de inmigrantes da segunda metade do século XIX, existen importantes comunidades de falantes de italiano que é recoñecido como idioma e tamén de alemán, sobre todo no sur do Brasil.
As linguas Tupi son a familia máis estendida en toda a Amazonia.
Artigo elaborado por Iván Señarís Veiras e Marta Veiras Noya
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
