Mostrando entradas con la etiqueta educación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta educación. Mostrar todas las entradas
lunes, 13 de octubre de 2014
PREMIO NOBEL DA PAZ 2014
A paquistaní Malala Yousafzai, a moza á que os talibáns dispararon á cabeza en 2012 por defender a escolarización das mulleres, e o activista indio Kailash Satyarthi foron galardoados este venres co Nobel de la Paz 2014 "pola súa loita contra a opresión dos nenos e os mozos e polo dereito de todos os nenos á educación", segundo anunciou o Comité Nobel Noruego.
"Os nenos deben ir á escola e non ser explotados financeiramente", defendeu o Comité Nobel, subliñando que "nos países pobres, o 60% da poboación actual ten menos de 25 anos".
No caso de Satyarthi, resaltou que "mostrando gran valor persoal" e seguindo a tradición de Gandhi, "liderou varias formas de protesta e manifestación, todas pacíficas, centrándose na grave explotación dos nenos para obter beneficios financeiros". Así mesmo, "contribuíu" ao desenvolvemento de importantes convencións internacionais" "sobre os dereitos dos nenos". Kailash Satyarthi, enxeñeiro informático indio que hai 28 anos abandonou o ordenador para denunciar ás multinacionais que no seu país explotan nenos de entre 5 e 12 anos de idade, encabeza a organización Global March, que liberou da escravitude empresarial a uns 80.000 nenos en máis de 160 países.
En canto a Malala, "malia a súa xuventude", leva anos loitando polo dereito das nenas "á educación e mostrou co seu exemplo que os nenos e os mozos tamén poden contribuír a mellorar as súas propias situacións". Ademais, resaltou o Comité Nobel, fíxoo baixo as máis perigosas circunstancias. "Mediante a súa loita heroica converteuse nunha destacada voceira dos dereitos das nenas á educación", engadiu.
Lé o artigo completo aquí.
Limos a noticia en inglés nas clases e respostamos algunhas preguntas. Aquí tedes a ficha do traballo que fixemos.
Etiquetas:
educación,
explotación infantil,
India,
inglés,
paz,
premio nobel
domingo, 5 de octubre de 2014
11 de OUTUBRO. EMPODERAR ÁS ADOLESCENTES: POÑER FIN AO CICLO DA VIOLENCIA
"As nenas son o futuro así que é fundamental que exista un día que está integramente adicado aos seus asuntos" Leymah Gbowee Premio nobel da Paz 2011 Este ano os esforzos van encamiñados a promover a autonomía das adolescentes brindándolles educación, apoio social e coñecementos, educación práctica e para a vida e a fomentar a súa participación. Deste xeito búscase reducir o risco que sofren as adolescentes de ser vítimas de violencia física, sexual e psicolóxica. Para ilo, exhórtase a gobernos, Nacións Unidas, sociedade civil e institucións públicas e privadas a traballar de modo colaborativo para acabar coa violencia contra as nenas e promover a súa autonomía por medio das seguintes medidas:
1. Investir nas adolescentes para dotalas de destrezas, confianza en si mesmas e opcións de vida a través do núcleo familiar, a escola, a capacitación técnica e vocacional, e os sistemas de apoio sanitario, económico e social.
2. Facilitar o acceso das nenas á infraestrutura, os servizos e a tecnoloxía, buscando que respondan ás súas necesidades de seguridade, conectividade e mobilidade.
3. Coordinar a participación das nenas adolescentes na vida cívica, económica e política.
4. Seguir visibilizando a violencia contra as nenas e as mulleres e insistindo en que é totalmente inaceptable tanto no ámbito privado coma no público.
5. Mellorar a calidade dos datos, a medición e os fundamentos empíricos relacionados co empoderamento das nenas adolescentes e a violencia contra elas.

igualdade de oportunidades,
muller,
pri
sábado, 4 de octubre de 2014
11 DE OUTUBRO. DÍA INTERNACIONAL DA NENA
Imaxina unha nena capaz de cambiar o mundo. Podería ser Mariama, de Níxer, á que, aos seus 13 anos, o seu pai casou cun descoñecido que pagou 152 euros por ela. O Itzel, de 15, que vive en Nicaragua, o país con maior taxa de embarazadas entre os 15 e 19 anos e onde de cada 100 partos, 27 son de adolescentes. Itzel, claro, tamén o está. Como elas, uns 900 millóns de nenas e mulleres viven a carga de selo, atrapadas na pobreza, con menos dun dólar ao día. Son os pobres entre os pobres. E non obstante, ninguén como elas podería impulsar o desenvolvemento dos seus países se alguén lles abre unha porta.
Para recordalo a ONU declarou o 11 de outubro o Día Mundial da Nena co fin de recoñecer os dereitos das nenas e os desafíos excepcionais que confrontan as nenas de todo o mundo.
As cifras son moi claras: cada ano de educación secundaria dunha muller reduce a mortalidade dos seus futuros fillos entre un 5 e un 10% e supón un incremento de entre un 10 e un 20% dos seus ingresos cando creza. E o dato é importante, xa que as mulleres inverten o 90% do que gañan na estabilidade do seu fogar, mentres que o varón só dedica entre o 30 e o 40%, de acordo coa media mundial. A premisa deste Día está clara: as nenas educadas son capaces de transformar as súas vidas, as das súas familias e a das súas comunidades. Nunca un investimento terá maior taxa de retorno. Se ben houbo avances significativos na mellora de acceso das nenas á educación nas últimas dúas décadas, moitas nenas, especialmente as máis marxinadas, seguen estando privadas deste dereito fundamental.
As nenas de moitos países seguen sen poder asistir á escola nin rematar os seus estudos debido a obstáculos relacionados coa seguridade, o financiamento, as institucións e a cultura. Mesmo cando as nenas van á escola, a percepción dun rendemento insuficiente debido á mala calidade da educación, as aspiracións reducidas, ou as tarefas domésticas e outras responsabilidades, lles impiden asistir á escola ou lograr resultados axeitados en materia de aprendizaxe. Aínda é necesario lograr o potencial transformador das nenas e as sociedades que promete a educación.
O ano 2013 o Día Internacional da Nena abordou a importancia das novas tecnoloxías e da innovación nas asociacións, as políticas, a utilización de recursos, a mobilización da comunidade e, sobre todo, a participación dos propios mozos. Entre os exemplos de posibles medidas hai que incluír:
1. A mellora dos medios públicos e privados de transporte para que as nenas vaian á escola: dende estradas ata autobuses, ciclomotores, bicicletas, botes e canoas;
2. A colaboración entre os sistemas de ensino e o sector bancario para facilitar o pagamento seguro e conveniente dos salarios ás mestras e das bolsas ás nenas;
3. A provisión de cursos de ciencia e tecnoloxía dirixidos ás nenas nas escolas, as universidades e os programas de formación profesional; 4. Os programas de mentores empresariais para axudar ás nenas a adquirir as aptitudes de traballo e liderado esenciais e facilitar a súa transición da escola ao traballo;
5. A revisión dos plans de estudo para integrar mensaxes positivas sobre as normas de xénero relacionadas coa violencia, o matrimonio infantil, a saúde sexual e reprodutiva, e as funcións masculinas e femininas na familia
6. A aplicación da tecnoloxía móbil para o ensino e a aprendizaxe co fin de chegar ás nenas, especialmente nas zonas remotas.

lunes, 3 de febrero de 2014
PREMIO MARTIN LUTHER KING A UN EDUCADOR ESPAÑOL
Un educador español gana el premio Martin Luther King e Long Island este ano 2014.
Un educador español gana el premio Martin Luther King
Le aquí a noticia
Etiquetas:
actualidade,
educación,
igualdade de oportunidades,
Martin Luther King,
pri,
video
lunes, 25 de noviembre de 2013
AULAS SEPARADAS
E ti, que pensas? mira o video e fai un comentario coa túa opinión.
Etiquetas:
actualidade,
discriminación,
educación,
Marrocos,
pri,
video
miércoles, 20 de junio de 2012
NI UNO MENOS
A película narra a historia dunha nena de 13 anos, Wei Minzhi, que ten que sustituir durante un mes ao seu mestre, por orden do alcalde, nun pequeno e aillado pobo das montañas. O profesor deixalle un anaco de xiz para cada día e a promesa de que lle dará 10 yuan se nengún estudiante abandona a escola ata o seu regreso. Pero o revoltoso Zhang Huike abandona a clase para ir á cidade en busca de traballo e a abnegada Minzhi buscará o xeito de traelo de volta.

martes, 8 de mayo de 2012
EDUCACIÓN: MATERIA PENDENTE EN BRASIL
Nos últimos 15 anos Brasil conseguiu ofrecer educación escolar a toda a poboación infantil, pero aínda é un servizo no que queda moito por facer.
Hai falta de profesorado cualificado, as instalacións son precarias e o material e a masificación do alumnado nas aulas son algúns dos retos por resolver na educación pública.
Esta noticia do xornal BBC mundo explica, de man de xóvenes estudantes a brecha entre as escolas públicas e as privadas.
miércoles, 18 de abril de 2012
MOOLAADÉ
SINOPSE DA PELÍCULA
Collé Ardo vive nunha aldea africana. Fai sete anos non permitiu que a súa filla fora sometida á ablación, unha práctica que lle parece unha barbarie e que ela tamén sufriu. Hoxe, catro nenas fuxen para escapar do ritual da "purificación" e piden a Collé que as protexa. Dende ese momento, se enfrentan dous valores: o respeto ao dereito de asilo (o moolaadé) e a tradición da ablación (a salindé). Coa súa decisión de acoller e axudar ás nenas Collé Ardo provoca unha crise na a vida da aldea. Collé incluso soportará o sofrimento do castigo e a humillación pública antes que renunciar a súa posición, desencadenando así unha auténtica rebelión de mulleres que esixen que ningunha nena máis sexa mutilada. Por outra anda, Amsatou, a filla de Collé, xa está en idade de casar e o seu matrimonio está concertado co fillo do xefe do pobo, un xoven que acaba de chegar de París. Polo momento, ningún home casou con unha muller non"purificada".
É unha película realizada e producida en África e pensada para un público africano. Á película achéganos a un mundo rural totalmente distinto ao que nos presentan a maioría das películas comerciales norteamericanas que chegan as nosas casa. Gracias a esta película podemos ver cómo so nas casas da xente desta aldea, como cociñan, como traballan, como comen, como obteñen auga, como son as súas leis e a vida cotiá de moitas familias africanas. A película plantexa en forma de controverxia varios temas: a denuncia da ablación, o debate en torno ao peso da tradición e a modernidade e, finalmente, a loita das mulleres rueail africanas por transformar as relacións de dominación impostas polo homes.
Na clase vimos a película 1º e 2º e pola tarde fixemos un coloquio con estas cuestións.
Aquí tedes un fragmento da película.

viernes, 13 de abril de 2012
BRASIL: UNIFORMES ESCOLARES INTELIGENTES
Comenta a noticia. Mira o video e fainos saber cal é a túa opinión sobre o tema.
Etiquetas:
actualidade,
Brasil,
educación,
pri
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)