Mostrando entradas con la etiqueta portugués. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta portugués. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de noviembre de 2011

As linguas da Feira das Nacións (IV): Portugal



A lingua oficial é o portugués.
Esta é unha linguaxe rica en dialectos, cada un coa súa particularidade. A maior parte da diferenza entre eles está na pronuncia dalgunhas vogais. Entre o português brasileiro e o portugués europeo existen diferenzas de pronuncia,vocabulario e sintaxe, especialmente nas variedades populares. Hai algunha semellanza na sintaxe, pronuncia e gramática entre os falantes do portugués vernáculo brasileiro e o angolano vernáculo portugués, pero non hai ningunha diferenza entre o estándar europeo e o portugués angolano. O portugués de Coímbra é considerada a lingua estándar.
Tamén se considera oficial o mirandés, de Miranda do Douro.

Principais dialectos do portugués:
* Algarve - Algarve
* Alto - Minhoto – Á beira do Miño
* Açoriano - Azores* Baixo-Beirão - Interior centro de Portugal
* Beirão - Centro de Portuga
l* Extremeño - Rexións de Coímbra e Lisboa
* Nortenho - Braga Porto Rexión* Madeirense - Madeira
* Transmontano - Tras-os-Montes


Manuel Vázquez Noya e Diego Gutiérrez Castiñeiras

martes, 8 de noviembre de 2011

O REI E O ZAPATEIRO (Conto popular do Brasil)





Na clase de Lingua e Literatura Galega escollemos traballar coa língua portuguesa do Brasil e de Portugal, para estudarmos as semellanzas lingüísticas entre estas variedades e o galego, idiomas que fan parte da mesma família.
Unha das actividades é a de versionarmos ao galego algún conto popular brasileiro ou português. Xa rematamos o primeiro e velaquí vai a version que fixemos na clase de 1º da ESO do conto brasileiro “O rei e o sapateiro”, recollido de Pimentel, Figueiredo. Histórias da baratinha. Rio de Janeiro, Livraria Garnier, 1994, pp.109-110.




O REI E O ZAPATEIRO




Un rei moi bo, dotado de excelente corazón, acostumaba saír soíño e disfrazado, polas rúas da cidade, a fin de poder apreciar ben as necesidades do seu pobo.
Unha vez, ao pasar por unha rúa, oíu alguén cantando:



Ribeiros corren para o río,

Os ríos corren para o mar.

Quen naceu para ser pobre

Non lle vale traballar.

O rei parou, observou a casa e indagou quen nela residía.
Era un pobre zapateiro, honesto e traballador, cheo de fillos, que vivía na maior miseria posible.
A súa maxestade tomou nota do número e da rúa.
Ao día seguinte, mandou preparar polo seu cociñeiro un saboroso bolo, que encheu de moedas de ouro e fixo levarllo ao zapateiro.
Na outra tarde, pasando pola mesma rúa, escoitou a mesma cantiga:

Ribeiros corren para o río,

Os ríos corren para o mar.
Quen naceu para ser pobre

Non lle vale traballar.

O rei entrou e mirou para o zapateiro:
— Esta cantiga é mentireira, ou ti non dis o que pensas! Onde está o bolo que che mandei onte cheo de moedas?
— Oh! real señor, eu non sabía! Debéndolle moitos favores a un amigo, envieillo de agasallo.
Entón o rei fixo acompañalo ao palacio.
Aí, mandoulle encher un saco de ouro e despediuno.
O zapateiro voltaba alegremente para casa, cando, de súpeto, caíu morto, fulminado ppla conmoción.
Transportárono para o tanatorio e atopáronlle un papel na man.
O delegado de policía abriuno e leu:


Eu para pobre o criei.

Ti rico facelo queres.

Agora aí o tes morto...

Dálle a vida, se puideres.


(Versión galega do alumnado de 1º da ESO do CPI de Trazo)

lunes, 24 de octubre de 2011

As linguas da Feira das Nacións (I): Brasil



A lingua oficial é o portugués e é falado por case toda a poboación.

Hai tamén uns 170 linguas indíxenas, que foron clasificadas en 20 familias lingüísticas diferentes. O número medio de falantes de linguas indíxenas foi de preto de 155.000 individuos en 1999. A maioría dos indios é bilingüe, en portugués, tendendo a desaparecer entre os indíxenas o monolingüísmo.

Polas ondas de inmigrantes da segunda metade do século XIX, existen importantes comunidades de falantes de italiano que é recoñecido como idioma e tamén de alemán, sobre todo no sur do Brasil.

As linguas Tupi son a familia máis estendida en toda a Amazonia.

Artigo elaborado por Iván Señarís Veiras e Marta Veiras Noya