Mostrando entradas con la etiqueta video. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta video. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de noviembre de 2014

FESTIVAL DOS ELEFANTES PINTADOS NA INDIA

A clase de Proxecto Interdisciplinar quere ser unha pequena ventá pola que achegarnos ao mundo e coñecer diferentes aspectos doutras culturas. Nesta ocasión preparamos unha presentación oral sobre O Festival dos Elefantes da India e sobre un dos moitos deuses do hinduismo, o popular deus Ganesha.
Anabel e Oscar leron varios artigos, buscaron fotos en internet e prepararon a presentación oral que veredes a continuación.


Fontes:
Ganesha, o elefante sagrado : http://www.taringa.net
¿Por qué os elefantes son sagrados na India?: https://redaccion.lamula.pe
Festival dos elefantes pintados:http://www.taringa.net
O desfile dos elefantes pintados: http://www.nationalgeographic.com.es

lunes, 3 de noviembre de 2014

LALIA

"Nunca vi mi pais, pero mi madre dice que  los ojos que miran no son los ojos de ver. Los ojos de ver están en el corazón. Si cierras los ojos puedes ver lo que quieras."

Estas son palabras de Lalia, protagonista do documental que tedes a continuación.
Lalia cóntanos como é o seu país, o Sahara. A súa pequena redacción vainos introducindo no seu mundo. Un mundo de sonos perdidos, de recordos non vividos para acabar espertando na súa realidade. Unha realidade terrible da que quere escapar: o seu exilio nun campo de refuxiados en Alxeria".

domingo, 11 de mayo de 2014

MISIÓN: ACABAR CO ACOSO ESCOLAR

Publicamos aquí un video do proxecto sobre acoso que realizamos durante marzo e abril. primeiro comezamos vindo unha película "Acoso nas aulas" e reflexionando por escrito sobre o tema do acoso. Despois de analizar a película, fixemos os noso proxectos en grupos de 4. Presentámolos na clase e entregamos a toda uns dípticos e trípticos coa información dos traballos. Finalmente organizamos unha exposición con todos eles e valoramos a actividade e os traballos dos grupos.

domingo, 23 de febrero de 2014

DIFUNDIMOS A CAMPAÑA DE MUNDO COOPERANTE

Presentamos tamén o noso proxecto na escola rural de Chaián. Fomos antes de empezar a escola e a nai de Irene recolleunos e gravounos. Grazas, Esperanza!

lunes, 3 de febrero de 2014

PREMIO MARTIN LUTHER KING A UN EDUCADOR ESPAÑOL

Un educador español gana el premio Martin Luther King e Long Island este ano 2014.
Le aquí a noticia

viernes, 20 de diciembre de 2013

FELICES FESTAS

Aquí tedes unha pequena mostra do acto desta mañana. Que magoa que non teñamos o son orixinal para escoitar a percusión corporal e a canción homenaxe a Nelson Mandela do alumnado de 4º. Noraboa a todo o mundo pola participación en concursos, proxectos e polo traballo deste trimestre. Felices festas! E debaixo vedes a foto de Adrián Brea que gañou no II concurso de fotografía de cogomelos. Noraboa, Adri!

jueves, 12 de diciembre de 2013

A VIDA DO IRMÁN DE KRISHNA

Mundo Cooperante proponos un percorrido por esa desigualdade que impide a nenas e mulleres o acceso aos servicios mái básicos e que vulnera día a día os seus dereitos máis fundamentales. Ademáis, invítannos a coñecer a importancia que teñe a muller no desenvolvemento das súas comunidades e a necesidade de contar con ese 50% da poboación que, en demasiadas ocasións permanece invisible. www.desafiosdelmilenio.org

martes, 10 de diciembre de 2013

A VIDA DE KAREN

A DESIGUALDADE: UNHA CUESTIÓN DE XÉNERO.

Hai que saber que sexo non é o mesmo que xénero. O sexo refírese ás diferencias biolóxicas entre homes e mulleres e, o xénero  refírese aos rasgos que cada sociedade asigna a homes e mulleres, é dicir, o papel que desempeña cada un na sociedade.

En ningunha sociedade as mulleres disfrutan das mesmas oportunidades que os homes. Por tanto, vemos que a desigualdade entre homes e mulleres dase en todo omundo, pero é certo que é máis grave nos países en desarrollo.



lunes, 25 de noviembre de 2013

AULAS SEPARADAS

E ti, que pensas? mira o video e fai un comentario coa túa opinión.

AS CUCHILLAS EN MELILLA VIOLAN OS DEREITOS HUMANOS

O goberno volve a colocar cuchillas na vala de Melilla. A vala de Melilla é realmente unha alambrada metálica de 7 metros de altura e 12 km de lonxitude, unha barreira física de separación entre Marruecos e a cidade española de Melilla. Son 12 km de alambre, cuchillas y mallas "antitrepa" para conter o soño europeo de miles de persoas.

jueves, 21 de noviembre de 2013

MOSTRA DE INSTRUMENTOS DO MUNDO

A semana antes do concerto fomos ver unha exposición de instrumentos de todo o mundo. Os instrumentos trouxéronos a mestra de inglés, o mestre de música e galego e o de tecnoloxía . Na exposición hai máis de 40 instrumentos de todos os continentes. Hai instrumentos de percusión ,de vento e de corda. Todos moi diferentes. Na clase de PRI fixemos varias actividades en grupos de 4. Primeiro, clasificamos os instrumentos polo continente ao que pertencían. Cando comentamos a actividade vimos que non era tan fácil. Despois a mestra dounos uns post-its cos nomes dalgúns instrumentos e en grupo tivemos que identificalos. Tamén dixemos a que familia pertencían. Logo toda clase compartimos o que fixemos. O que máis nos gustou foi á semana seguinte, cando na clase de PRI fomos a aula da exposición a tocar os instrumentos. En fin , foi a nosa primeira exposición de instrumentos de todo o mundo. !Foi xenial! S.Vieites, Yago, Lucas, González e Nerea Música: María Rita (Brasil). Canción: "O Homen Falou"

miércoles, 23 de octubre de 2013

O BOSQUEXO DO MUNDO

Onte no auditorio vimos unha exposición moi curiosa. Como se @s artistas nos abriran as portas dos seus obradoiros e nos permitiran ver algúns anacos do seu traballo. Materiais, cadernos con bosquexos, pezas rematadas e outras inacabadas e obxectos que non son artísticos en si mesmos pero que están expostos porque forman parte do proceso de creación. É a posta en escea destes procesos. Para nós, unha ventá aberta para coñecer o mundo da arte contemporánea de 21 artistas galeg@s. No video tedes unha mostra do que vimos.

martes, 11 de junio de 2013

IMOS FALAR DE RUMANÍA! FABIOLA E LAURA!

Imos a presentar dous vídeos sobre Romanía. No primeiro vese: Unha parella de Romanía que levan casados 12 anos, e deciden emigrar a España porque lle gustaba e tamén porque no seu país os traballos están mal pagados, e en cambio aquí os traballos en comparación co seu país, están bastante ben pagados. Eles están moi contentos en España, porque os tratan moi ben. Logo deciden visitar a igrexa onde estaba a muller do cura, ela explícanos que as mulleres teñen que estar detrás e os homes diante, tamén lle explica que non se lle pode dar a espalda ao Cristo.(Eles teñen relixión ortodoxa).








No segundo vídeo ides a ver como os rumanos preparan os ovos con figuriñas. En Romanía o típico é facerlle debuxos os ovos unha vez cocidos. Primeiro, ponse unha folla sobre o ovo, envólvese cunha media,e átase con fío. Logo,introdúcense nunha pota con cáscaras de cebola, auga, sal e déixanse cocer ata que os ovos collan un cor escuro. Por último,unha vez cocidos, quítase a media,apártase a folla e frótanse con graxa o aceite.




COLOMBIA

Este vídeo fala de Colombia. Colombia é un país tercer mundista, ten 42.000.000 de habitantes. Este país ten o mellor café do mundo, é o primeiro produtor de esmeraldas, é primeiro produtor de flores do mundo. Ten o maior número de especies de ras e de paxaros. A xente colombiana en xeral é moi xenerosa, gústalle moito a música e teñen moi boa comida teñen pratos como: O hogao e o aijaco santafereño. (ver o vídeo ata o  final)
IVÁN E XOSÉ. 1º ESO

María, Dani e Irea falamos de O Porto

Nos imos presentar un vídeo de Portugal, extraído de un programa chamado "Españoles en el mundo ". Fala sobre todo da cidade de O Porto,pero o resto de Portugal é semellante en costumes, cultura ,gastronomía...a esta cidade. O Porto, despois de Lisboa, é a cidade máis importante de Portugal. É unha cidade de tradición vinícola (viño) e mariñeira. Cidade que dá nome a un dos viños máis famosos do mundo. Alí encóntranse algunhas das bodegas máis importantes do mundo, que converteron O Porto nun dos motores económicos de Portugal. Está considerada como a capital do norte de Portugal. Conta con unha das bibliotecas máis antigas do mundo. Nesa biblioteca, rodáronse varias escenas de Harry Potter, xa que a escritora, J.K.Rowlling estivo bastante tempo alí. O Porto ten 73 grandes pontes. A cidade ten douscentos vinteún habitantes (aproximadamente)e a zona metropolitana 2 millóns(aproximadamente). Ademais de O Porto,Coimbra é unha cidade moi importante. A gastronomía portuguesa está dentro da dieta mediterránea (verduras,carne,peixe e froita.É moi variada).É famoso o bacallau,e acompañase case sempre con arroz. En O Porto hai un tipo de bares moi curiosos,porque están feitos como os iglús, de xeo.

 Presentamos o vídeo :

Agora deixámosvos un vídeo sobre as comidas típicas portuguesas :


viernes, 4 de mayo de 2012

CONTO TRADICIONAL ARABE

Un conto gracioso da tradición árabe no que Yuha pode co panadeiro que lle quería timar.قصة طريفة من التراث العربي حيث يتغلب جحا على الفران الذي أراد خداعه



Visto en carmenlodeiro.blogspot.com

RECITAL DE POESÍA

Nas clases de lingua galega e lingua castelá limos moitas poemas de poetas de países da feira. Na clase de PRI, cada unha e cada un de nós gravamos un. @s compañeir@s de 4º de informática buscaron músicas dos diferentes países para poñelas de fondo aos debuxos que nos fixeramos para ilustrar os nosos poemas. Despois deste proceso, aínda faltaba montar o video en PRI. Este é o resultado final.