Mostrando entradas con la etiqueta indíxenas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta indíxenas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de noviembre de 2011

As linguas da Feira das Nacións (V): Senegal




O idioma oficial en Senegal é o francés, aínda que non todos os habitantes o falan. Entre os autóctonos utilizan ademais do francés, o wolof, o mandika e o diola. Hai guías turísticos que falan inglés, pero estes atópanse recluídos en Dakar e as zonas turísticas do país. Nas cidades e a zona costeira todo o mundo fala francés.
Lenguas nativas: badiaranké, baïnouk, balante, bambara, bandial, bassari, bayotte, bédik, cobiana, coniagui, diola, hassaniya, jalonké, khassonké, léhar, mancagne, mandingo, manjaque, mlomp, ndut, mediodía, palor, papel, fulani, saafi, serer, soninké, wolof, zenaga.


Dicionario básico WOLOF-GALEGO:


Asalamu alaikum : A paz estea con vostede (vén do árabe)


Wa alaikum salam : Que a paz estea contigo tamén. (vén do árabe. Usado para resposta da anterior)


Nanga def: Cómo está?


Nanga tuddu: Cómo te chamas?


Man, Paco la tuddu: Chámome Paco


Baal ma: Síntoo, perdón


Wao: Si


Dé det: Non


Dama jiff: Teño fame


Dama marr: Teño sede


Lii lumu iyar: Cánto vale isto?


Fan la: Ónde


Mangui dem: Marcho


Dicionario básico do amor en Wolof

Ámote: Dámela nop


Quérote: Dámela buggu


Es a Muller máis guapa do mundo: Yau yai yiggen bi gana rafet chi ádona bi


Es o home máis guapo do mundo: Yau yai gór bi gana rafet chi ádona bi


Es o meu corazón: Yau yai sama bol


Só penso en ti: Yau rek lai jalat


Quero pasar o resto dos meus días xunto a ti: Yau la buggu nek-kal sama desitu aduna


Quero casar contigo: Dama buggu sái ak yau




Feito por Tomás Beiras Rivas e Adrián Recouso Pena

lunes, 24 de octubre de 2011

As linguas da Feira das Nacións (I): Brasil



A lingua oficial é o portugués e é falado por case toda a poboación.

Hai tamén uns 170 linguas indíxenas, que foron clasificadas en 20 familias lingüísticas diferentes. O número medio de falantes de linguas indíxenas foi de preto de 155.000 individuos en 1999. A maioría dos indios é bilingüe, en portugués, tendendo a desaparecer entre os indíxenas o monolingüísmo.

Polas ondas de inmigrantes da segunda metade do século XIX, existen importantes comunidades de falantes de italiano que é recoñecido como idioma e tamén de alemán, sobre todo no sur do Brasil.

As linguas Tupi son a familia máis estendida en toda a Amazonia.

Artigo elaborado por Iván Señarís Veiras e Marta Veiras Noya