Mostrando entradas con la etiqueta recursos naturais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recursos naturais. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de octubre de 2014

A AUGA, un recurso indispensable

Este curso na clase de PRI, déronsenos a coñecer os obxectivos do Milenio.
Un dos obxectivos refírese “A Auga”, imprescindible para todos os seres vivos. A pesares de ser un recurso natural de inestimable valor, no mundo existen moitas zonas onde é un ben escaso.
Xa o 2003 foi proclamado “Ano Internacional da Auga Doce”, para que nós, as persoas, tomemos conciencia da importancia de realizar un uso axeitado da auga, e tamén mellorar a xestión da mesma así como de protexer as fontes de auga doce.
Na asignatura de naturais empezamos a traballar neste tema, facéndonos conscientes de cómo está repartida a auga no planeta, porque aínda que as tres cuartas partes do noso planeta están cubertas de auga, só un 3% é auga doce, é só unha pequenísima parte desta porcentaxe é apta para o consumo humano.
No laboratorio fixemos unha práctica:

- Enchemos unha probeta de un litro, e semellaba que aí estaba contida toda a auga que había na terra, a doce é a salgada.
- Logo sacamos desa probeta o 3% de auga, que correspondería a auga doce, e vertémola noutra probeta.
- Volvemos a retirar da probeta anterior un 99% aproximadamente de auga que correspondería a augas conxeladas dos casquetes polares e a augas subterráneas.
- Quedaba un 1% de auga que correspondería a cantidade de augas superficiais coas que conta o planeta. Metémola nun tubo de ensaio.
O que mais nos sorprendeu que de ese 1% de augas superficiais, aínda había que facer outro reparto: un 52% para lagos, un 38% humidade do solo, vapor de auga un 8%, auga dos seres vivos o 1%, e outro 1% para a auga dos ríos. Todas cantidades aproximadas.

A AUGA NO MUNDO




A cantidade de auga que hai na terra é sempre a mesma. No laboratorio fixemos una práctica para estudar o CICLO DA AUGA
"Conxunto de procesos polos que pasa a auga da atmosfera a superficie terrestre, de aí aos seres vivos e a hidrosfera, e de novo regresa a atmosfera"
Na montaxe que vemos nas fotos, o acendedor de gas representa ao sol. A cantidade de auga que hai no vaso de precipitados representa as augas superficiais do planeta, e dentro do vaso hai unha molécula da auga (formada por dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno), aínda que sabemos que nese vaso habería centos de moléculas.

Unha vez que saía vapor puxemos un vidro de reloxo enriba, simulando a unha capa da atmosfera máis fría, e o vapor ao arrefriar pasou a auga líquida(condensación) levantamos o vidro e caían gotas (precipitacións)

Na práctica anterior que fixemos no laboratorio démonos  unha idea de cómo estaba repartida a auga polo planeta terra, e decatámonos de que a cantidade de auga doce era moi baixa respecto ao total da auga, pero aínda así sería suficiente para satisfacer as necesidades de todas as poboacións do mundo:

- Si se distribuíra de xeito regular polas rexións do mundo
- Si todos os países tiveran mais ou menos os mesmos recursos para poder xestionar a accesibilidade a mesma
- Si as persoas fixéramos un uso correcto e responsable da auga da que dispoñemos.

martes, 11 de junio de 2013

COLOMBIA

Este vídeo fala de Colombia. Colombia é un país tercer mundista, ten 42.000.000 de habitantes. Este país ten o mellor café do mundo, é o primeiro produtor de esmeraldas, é primeiro produtor de flores do mundo. Ten o maior número de especies de ras e de paxaros. A xente colombiana en xeral é moi xenerosa, gústalle moito a música e teñen moi boa comida teñen pratos como: O hogao e o aijaco santafereño. (ver o vídeo ata o  final)
IVÁN E XOSÉ. 1º ESO

miércoles, 28 de marzo de 2012

Día Mundial da auga







O 22 de marzo celebrouse o día internacional da auga e o próximo sábado 31, conmemórase o Día nacional da Auga. 


No marco da semana mundial da Auga, levouse a cabo unha reunión no Ministerio de Ecoloxía para presentar as actividades de dita celebración desta semana. 



Noelia Casas García.

sábado, 22 de octubre de 2011

Que quere o mestre...?



Na clase de naturais o mércores día 19 de outubro, na aula de informática tivemos que cubrir unha ficha que tiña que ver coa entrada no blogue: "Feira de cifras"

(pinchar onde indica o mestre).

O que máis chamou a atención foi coñecer o termo "antípodas" e comprobar na bola do mundo que Galicia tiña como antípoda a Nova Zelanda. Ademáis metéronse en comentarios datos curiosos que cada quen tiña interes en coñecer, case sempre recollidos de "Wikipedia"

martes, 4 de octubre de 2011

RECURSOS NATURAIS





Na clase de naturais falamos dos recursos naturais en xeral e vimos un Power Point.

Botón terra para repasar