Mostrando entradas con la etiqueta alfabeto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta alfabeto. Mostrar todas las entradas

miércoles, 15 de febrero de 2012

ÁRABE PARA PRINCIPIANTES

Que tal se aprendemos un pouquiño de árabe?

O Árabe é a oitava lingua máis falada do mundo. É única lingua oficial en 20 países e cooficial en 6 ou 7. Ten 280 millóns de falantes como primeira lingua e 250 millóns como segunda lingua. É tamén a lingual relixiosa do Islam.
Ten moitos dialectos oficiais que, as veces, poden ser incomprensibles entre sí. Utiliza un sistema de escritura propio que se escribe de dereita a esquerda. Outra curiosidade é que non existen as letras maiúsculas.
Representa a primeira lingua oficial en Arabia Saudí, Argelia, Bahrein, Egipto, Emiratos Árabes Unidos, Iraq, Jordania, Kuwait, Líbano, Libia, Marruecos, Mauritania, Omán, Autoridad Palestina, Qatar, Sahara Occidental, Siria, Sudán, Túnez y Yemen. Tamén se fala en zonas de Chad, Comores, Eritrea, Irán, Mali, Níger, Senegal, Somalia, Turquía, Yibuti e outros países. Varios millóns de musulmanes residentes en outros países posúen coñecementos de árabe, por razóns básicamente relixiosas (o Corán está escrito en árabe). Dende 1974 és unha das linguas oficiais das Nacións Unidas.

jueves, 3 de noviembre de 2011

APRENDENDO MANDARÍN: palabras útiles

Ao longo do proxecto imos aprender algunhas palabras en árabe, chinés, hindi, brasileiro, rumano, portugués e wolof.Na clase xa nos saludamos en mandarín e en árabe.É divertido! A tod@s fainos gracia. Con este video imos estudar algunhas palabras en mandarín, a lingua maioritaria en China.


miércoles, 2 de noviembre de 2011

As linguas da Feira das Nacións (III): India




















(Esta é a bandeira da India.

E o seu abecedario. Fonte: google)


A India comprende moitas ``Indias´´.
Falanse máis de dez linguas, dez sistemas de escrituras importantes, numerosas relixóns antigas con innumerables sectas e cultos.
No censo de 1961, rexistráronse máis de 1652 linguas autóctonas. Os lingüistas clasificaron estas linguas e determinaron que corresponden a unhas 105 formas distintas de expresarse.
De estas aproximadamente 105 linguas , 90 son faladas por menos de un 5% da poboación. A estas linguas habería que añadirlle o sánscrito a lingua nai, a lingua dos textos relixiosos, dos clásicos literarios e das ciencias autóctonas; e tamén o inglés que se emprega de maneira xeralizada coma segunda lingua.

As linguas máis faladas son:
O bengalí: 145.000.000 persoas que o falan.
O hindi: 163.000.000 persoas que o falan.
O marathi: 42.000.000 persoas que o falan.
O pungabí: 30.000.000 de persoas que o falan.


Miriam Baleato Fraga; Noelia Casas García e Adrián Esmorís Domínguez

As linguas da Feira das Nacións (II): China




(Mapa das principais linguas da China e mostra de alfabeto chinés. Fonte: google)

Hai diferentes clasificacións de
dialectos chineses, dependendo de como está escrito e do criterio de intelixibilidade mutua, mais este on é difícil de definir.


A clasificación común é a seguinte:


Discurso do norte ou Mandarín, 836 millóns de falantes.
• O wu, 77 millóns.
Os dialectos min, 70 millóns.
Cantonés ou Yue, 55 millóns.
• O jin, 45 millóns.
Idioma Xiang ou Hunan 36 millóns.
• O hakka ou Keji, 34 millóns.
Gan, 31 millóns.
• O hui, 3,2 millóns.
• O Pinghu, 3,5 millóns.


Jennifer López Becerra e Sandra Noya Redondo