A igualdade fainos fortes
Con motivo da celebración o 8 de marzo do día da "muller traballadora", adicamos duas clases a investigar o por que deste día, e tamén a buscar información sobre feminismo nos países que traballamos no PRI.
E logo por grupos investigamos sobre feminismo nos distintos países do PRI, e este foi o resultado:
O movemento feminista produciu moitos cambios nas sociedades occidentales grazas as mulleres, a malloría anónimas. A loita pola liberación sexual, polos cambios no Códego Civil, polo dereito a votar, contra a violencia de xénero. Unha loita pola igualdade dos dereitos entre os homes e as mulleres.
Despois da independencia,de Marrocos Lala Aicha foi nomeada polo seu irman Hassan ll embaixadora de Reino Unido no ano 1965, foi a primeira embaixadora dun País árabe, logo foi embaixadora en Roma.
Nos últimos anos apenas aparecía en público, e morreu aos 81 anos
Actualmente en Marrocos, hai bastantes asociacions feministas. Podemos escoitar a noticia na TV enlazada a este título:
Sonia Pumar e Eloy Faúndez
En Brasil destaca a creación do Partido Republicano Feminista pola bahíana (da cidade de Bahía) Leonina Daltro, co obxectivo de mobilizar as mulleres na loita polo sufraxio; e tamén destaca a Asociación Feminista, de perspectiva anarquista, que tivo forte influencía nas fólgas obreiras de 1918 en São Paulo. As dúas organizacións foron moi activas e chegaron a mobilizar un número significativo de mulleres.
Co golpe militar de 1964 en Brasil e posteriormente nos anos 70 en varios outros países latinoamericanos, os movementos de mulleres, xuntamente cos demais movementos populares, foron silenciados e masacrados. Hoxe en día están rexurdindo.
Actualmente hai xóvenes brasileiras que loitan polos seus dereitos,.Pódese ler o enlace á foto.
Codou Bop, sinalou neste Foro as dificultades para unha muller africana de reivindicar a súa pertenza ao movemento de loita das mulleres, sen ser o obxecto de burlas e desvalorizacións. É moi difícil dicirse feminista en África e en Senegal pola discriminación e violencia que se vive con respecto as mulleres. Todo está feito para que as mulleres permanezan confinadas no fogar, na esfera privada: «a maior distancia que lle permiten percorrer é a da cociña á porta de entrada para recibir algúns convidados»
As feministas agrupadas no seo deste Foro denuncian a invisibilización das mulleres tanto na esfera produtiva (non teñen acceso nin á terra, nin aos medios de produción nin ao financiamento, e moito menos a acceder a política).
Codou fai un chamamento ás mulleres a organizarse de xeito independente, xa que con moita frecuencia o movemento ten dificultades para reunirse en espazos que non estean monopolizados e controlados por institucións gobernamentais e internacionais.
Durante os debates, recoñeceuse unanimemente que é necesario, ante todo, modificar os propios comportamentos en vista a unha verdadeira igualdade entre os sexos, sobre todo no seo do seu ámbito próximo da súa familia e das súas redes sociais. Por iso é urxente loitar por que a muller teña acceso á educación, que é o que lles permitirá coñecer e esixir a aplicación dos seus dereitos.
Manuel Vázquez e Noelia Casas
Xa en 1872 apareceu en Bogotá o xornal "O Orballo" para defender os propósitos da emancipación feminina.
En 1914 María Rojas Tejeda organizou, o Centro Cultural Feminino, e entre 1916 e 1918 publicou, a revista "Femeninas", dedicada aos dereitos da muller.
En 1927 preto de 14 mil mulleres indíxenas asinaron un manifesto chamado "Os Dereitos da Muller Indíxena".
En 1929, un grupo de mulleres editou a revista "Letras e Encaixes"
En 1930 organizouse o Centro de Cultura Feminina. Ese mesmo ano tivo lugar en Bogotá o IV Congreso Internacional Feminino. A mobilización e presenza de mulleres no Congreso marcaron o principio de loitas específicas. Non lograron entón o dereito a voto, pero si o ingreso á universidade e á administración pública.
En 1944-1946 a actividade de grupos de mulleres plasmouse en conferencias e a través dos medios de comunicación: con "A Hora Feminista" -nunha radio- e posteriormente a revista "Axitación Feminina" que chamaba ás mulleres a preocuparse pola lectura, o estudo e o recoñecemento dos seus dereitos cidadáns.
Em 1954 a feminista colombiana, Ofelia Uribe, tras a obtención do dereito a voto, fundou en Bogotá o semanario "Verdade", que non só reivindicaba a situación da muller, senón que se opoñía ao ditador Rojas Pinilla, polo que foi censurado e clausurado o semanario.
A derrota da ditadura levouse a cabo coa participación de mulleres, o que deu lugar ao ulterior xurdimento de asociacións femininas.
En 1959 foi creada a Unión de Mulleres Demócratas (UMD), que se centrou no traballo sindical, en especial con mulleres de obreiros para apoiar os seus movementos reivindicativos. Creouse a Asociación Feminina Colombiana de Traballo Voluntario (ACOVOL) centrada en estratos de baixo ingresos. Outros grupos de mulleres sumáronse aos sectores sociais e políticos que loitaban contra a violencia estatal.
En 1974 suprimiuse a potestade marital, estableceuse o exercicio conxunto da patria potestade e a obriga compartida para cos fillos en proporción á capacidade económica de cada un. Nesta época empezaron a xurdir novamente grupos feministas, influídos polas mobilizacións de Europa e Estados Unidos.
En novembro de 1986, despois da dolorosa e desgarradora guerra vivida por Colombia, coa grave situación de medo, violencia, e supresión de dereitos humanos, na que deixou o País, organizouse “A Fronte de Mulleres” que rompendo o silencio convocou en Cali unha marcha para "unir os medos, o desespero, a angustia, e convertelos en forza esperanzadora cara ao futuro", baixo a consigna: “non Ser cómplices da violencia", na que participaron miles de persoas en silencio, con flores e traxes brancos.
Estas protestas ao cabo de catro anos deron lugar a que o goberno creara a Consellaría para a Xuventude, a Muller e a Familia e formulouse unha Política para a Muller na que se establecen compromisos para o melloramento da condición feminina.
As mulleres crearon redes nacionais e rexionais que buscan novas formas de relación entre mulleres e varóns, entre a sociedade civil e a sociedade política. Ao mesmo tempo, pugnan polo cumprimento do mandato da nova Constitución e as leis que permitan o seu pleno funcionamento
Dende finais do XIX moitas cousas estábanse movendo en Portugal, unha sociedade "en mudança", como afirma algún autor. Neste contexto, encontramos as primicias do movemento feminista organizado en Portugal, aínda que, como afirma Cecilia Barreira trátase dun movemento de "brandas reivindicações" tal como o demandaba unha sociedade de "brandos costumes"
Ana de Castro (1872-1935) líder feministas tamén di:
"Non" hai "ninguén que non oíse, pensado, ou dito centos de veces que o maior mal do noso país é a ignorancia, que o analfabetismo é a causa máis flagrante da nosa decadencia moral (O número de analfabetos é enorme, do -do millón de portugueses que saben ler e escribir a súa lingua, apenas un terzo son mulleres"
Outra feminista, Virginia de Castro Almeida (1874-1945), define así o concepto do fiminismo:
"O feminismo não é uma força que se levanta contra o homem; é a voz da mulher instruída, forte, equilibrada e pura, que aspira nobremente a um lugar ao lado do su companheiro para compartir as suas dores, os seus trabalhos, os seus cuidados e as suas alegrias".
Pero ímonos centrar na figura da escritora e pedagoga portuguesa Alice Pestana (1860-1929), casada co profesor español Pedro Blanco que é a auténtica embaixadora educativa entre Portugal e España entre os séculos XIX e XX. Alice Pestana dende moza encarna a defensa explícita dos dereitos e liberdades da muller, e convértese nun dos mellores expoñentes ibéricos femininos; participa nos incipientes movementos feministas de Portugal, nos movementos e ligas pola paz. Destaca como escritora de contos e novelas, como tradutora de obras de socioloxía e de educación, como profesora de linguas estranxeiras en España, como defensora da creación de tribunais tutelares de menores, como promotora de iniciativas de protección á infância etc.
É moi destacable o seu labor pedagóxico como viaxeira da educación, como promotora comparativista de novidades estranxeiras en Portugal e en España. Promotora da introducción do ensino secundaria para a muller en Portugal, seguindo modelos progresivos europeos, ou a difusión dos beneficios do ensino profesional tal como se ensina en países como Alemaña e Francia.
Alice Pestana, educadora republicana íntegra, laica, feminista, pacifista, defensora da infancia, escritora culta, morre moi pouco antes de proclamarse en España a Segunda República en 1931. Ela é unha desas educadoras que contribuíu con eficacia, sen excesivo protagonismo, pero con constancia e sinxeleza, a difundir o ideario pedagóxico republicano, construíndo formas de pensar e de actuar asentadas na razón, nas ideas de progreso, liberdade, respecto e tolerancia, sempre a través da educación. O seu compromiso coa educación da muller, cos analfabetos en escolas nocturnas, como profesora de linguas, como animadora dos emerxentes sistemas de protección da infancia que delinque, como comparativista e viaxeira da educación, tamén nos permite situar a Alice Pestana no cume do irmandamento ibérico por medio de fe na educación e o progreso.
Diego e
Mariana Campeanu, ex ministra de Traballo, Familia e Igualdade de Oportunidades no ano 2008 en Romanía, explica:
Romanía é un país un pouco atípico, as diferenzas entre homes e mulleres non son tan evidentes como noutros países veciños, e sobre todo no sur e o leste do noso país. Cabe subliñar que somos un dos poucos países onde o presidente do Consello de Administración da máis importante compañía do país, PETROM, é unha muller. Somos un dos poucos países do mundo onde o máis importante cargo dunha das máis importantes empresas de telecomunicacións é unha muller. Isto non pasa nin sequera nos países con tradición na promoción de mulleres en postos de dirección. Somos un dos poucos países onde as mulleres poden acceder a empregos masculinos, como na construcións ou metalurxia, ainda que é verdade que hai poucas mulleres nestes sectores, pero haber hai.
En Romanía, a lexislación non discrimina a muller polo feito de selo, nin dende o punto de vista salarial, nin en canto aos cargos que pode desempeñar.Pero, desgraciadamente, os sectores laborais onde traballan o maior número de mulleres son tamén os peor pagados.É verdade que en industrias como a téxtil, que é probablemente o sector cos soldos máis baixo, o número de mulleres que traballan neste sector laboral é moi alto. Outro sector sería o do ensino. Aquí o número de mulleres é tamén alto. O mesmo pasa no sector da sanidade. É dicir que, en suma, o salario medio das mulleres é máis baixo que o dos homes.
É necesaria un cambio de mentalidade en Romanía, porque a mentalidade xeral da poboación non favorece a muller. Aínda se considera que as mulleres deberían dedicarse máis á casa, aos nenos, e menos á política, por exemplo. Esta mentalidade maniféstase primeiro na educación dos nenos -onde o papel principal o ten a muller. Hay numerosas mulleres que non solicitan un cargo en certo sector laboral porque elas mesmas o consideran masculino. Ana Ber, experta en recursos humanos di que en Romanía, máis que un cambio de lexislación fai falta un cambio de mentalidade.
















