Mostrando entradas con la etiqueta plástica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta plástica. Mostrar todas las entradas

sábado, 22 de febrero de 2014

O SEGREDO DAS MÁSCARAS NA ÓPERA CHINESA

Estas máscaras son un misterio para nós, pero as persoas que coñecen a ópera chinesa poden identificar o carácter e o papel que representará unha personaxe na ópera só con botar unha ollada. Cal é o segredo? Saber o que representa cada cor. Na clase de plástica fixemos estas máscaras e tamén as fotos, menos a da clase, claro, que a fixo o profesor.
Queres xogar? Imos pescudar que representa cada cor.

viernes, 21 de junio de 2013

Para os meus/miñas profes de 1º ESO, porque se vos quere.

Este curso, xa marchou, así sen máis, e quero agradecervos todos os bos ratos que pasamos con vos, incluso os malos e gracias por ensinarme tal cantidade de cousas. Esta entrada non estaba prevista, xa que é unha sorpresa. Bueno,espero que vos guste:D. Sen máis, con moito agarimo, Daniel Castro Álvarez Profes!! on PhotoPeach

lunes, 18 de marzo de 2013

8 de MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O alumnado de secundaria, para o día da muller traballadora, fixemos un proxecto ca participación dos departamentos de sociais, naturais, lingua galega, lingua castelá e plástica, e as titorías de 1º, 2º e 3º. Consistiu no seguinte: 1) Primeiro puxémonos por parellas para buscar e elaborar unha biografía sobre unha muller famosa que fora dun dos oito países do proxecto e que tivera algún vínculo coa materia que daba o profesor. Por exemplo: En Ciencias da Natureza, fixemos biografías de científicas famosas. Nas outras materias e cursos seleccionaron mulleres importantes do mundo en deporte, literatura, ciencia, música, historia… 2) Cada un@ de nos fixemos unha diapositiva de Power Point coas biografías, no que figuraban: Data de nacemento e morte (en caso de que falecera), profesión e nacionalidade. Destacamos cales foron os seus logros e de que xeito contribuíu á sociedade. Tamén incluímos o que máis nos impresionou da súa vida. 3) Os Power Point foron enviados por correo electrónico e escaneamos os debuxos que fixemos en plástica. @s de terceiro fixeron o rótulo para un mural con todas as biografías e todos os debuxos que colocamos no corredor. 4) A titora fixo un power point con fotos e con todas as biografías. Aquí o podedes ver. Opinión persoal do proxecto: A min este proxecto gustoume moito, xa que aparte de ser entretido tamén aprendes cousas importantes de xente importante, información que pode ser moi útil no futuro. Doulle un 9.

martes, 27 de marzo de 2012

MÁSCARAS DE ÓPERA CHINESAS

Na clase de inglés lemos un texto sobre como facer máscaras chinas. En  plástica cada un de nós creou  a súa máscara. Cando rematamos, o profesor de plástica, Juan Ramón Gallástegui Otero, fíxonos unha foto individual e dúas de grupo, unha na clase e outra fóra. Nós collemos esas fotos e aprendemos a facer a seguinte presentación.Puxémoslle música e buscamos a sinboloxía das cores na ópera china. Esperamos que vos guste.

Mascaras de Opera Chinesa on PhotoPeach



MARTA-IVÁN-JENNIFER

sábado, 12 de noviembre de 2011

O ANO NOVO EN INDIA: O DIWALI

Na clase de inglés limos un texto sobre o ano novo na India e outro para seguir instrucións e facer lampariñas con cartolina e papel de seda. As lampariñas fixémolas na clase de plástica e decoramos a nosa aula con elas para celebrar este acontecemento.

Aquí tedes o resumo do texto que lemos sobre o Diwali.

Diwali é a palabra india para chamar a esta festa: “festival das luces”.

Significa ringleira de lámpadas acesas. Con ela celébrase o ano novo e é a festa máis importante da India. Dura 5 días e ou quinto é o ano novo, pero non sempre cae o mesmo día. Este ano foi o 26 de Outubro.

Como se celebra o ano novo na India:

Hoxe en día é común celebralo ao redor do mundo. Nestas datas a xente decora a súa casa colgando lámpadas e velas; tamén colocan lámpadas de aceite ao redor da casa, nos xardíns, nos patios, nos tellados e nos muros. Explotan fogos artificiais e petardos, comen doces, rezan aos deuses e deusas, teñen rituais relixiosos, estrean roupa e mándanlle agasallos as familias. Moita xente aproveita esta festa para casar. As lámpadas acendidas significan a vitoria do ben sobre ou mal.

A deusa Lakshmi:

O Diwali celébrase en honra de Lakshmi, a deusa da riiqueza e da prosperidade. Os hindús rezan a Lakshmi para que lles dea boa sorte no ano seguinte. As lampariñas quedan acendidas toda a noite

para que a deusa se sinta acollida e entre a visitalos. Pola noite moitas persoas rezan unha oración a Ganesh, o deus da sabedoría e a boa sorte, o que elimina os obstáculos da vida.

Que ocurre durante o Diwali:
Ese día levántanse moi cedo e poñen as súas mellores roupas. Ou primeiro que deben facer é rezar oracións e facer ofrendas de froita e doces tradicionais indios, logo van visitar aos seus familiares maiores para recibir as súas bendicións e mostrarlles respecto e, finalmente, van ao templo e visitan a familia e amigos para desexarlles un feliz Diwali.

Jennifer López e Diego Gutierrez