Mostrando entradas con la etiqueta emigración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta emigración. Mostrar todas las entradas
lunes, 25 de noviembre de 2013
CUCHILLAS QUE MATAN OS SOÑOS
Este poster interactivo explica a situación na que se atopan miles de seres humanos que tratan de fuxir da miseria dos seus paises e acceder a Europa dende Melilla. Aprenderemos sobre a vala construida para conter a estas persoas, sobre o seu sofremento e as consecuencias. Coñeceremos a opinión de diferentes ONGs, da igrexa e do goberno. E, a través de Change.org, teremos a posibilidade de cambiar o mundo. Aquí podes ler a carta para a petición da retirada das concertinas escrita polo escritor Enrique Laso ao Ministerio do Interior.
Etiquetas:
discriminación,
emigración,
glog,
Marrocos,
pri,
respeto
AS CUCHILLAS EN MELILLA VIOLAN OS DEREITOS HUMANOS
O goberno volve a colocar cuchillas na vala de Melilla. A vala de Melilla é realmente unha alambrada metálica de 7 metros de altura e 12 km de lonxitude, unha barreira física de separación entre Marruecos e a cidade española de Melilla. Son 12 km de alambre, cuchillas y mallas "antitrepa" para conter o soño europeo de miles de persoas.
Etiquetas:
actualidade,
emigración,
Marrocos,
noticias,
pri,
video
domingo, 24 de noviembre de 2013
A INMIGRACIÓN
Eu penso que a inmigración e moi dura porque non coñeces a ninguén, non sabes o idioma... Son moitas cousas xuntas. Nalgúns países discriminan á xente por ser de outro color ou por ter os ollos de outra maneira. Eu penso que tería que ser en todos os países igual. Quero decir que en ningún país se debería discriminar a ninguén.
ADRIÁN BREA
Etiquetas:
discriminación,
emigración,
pri,
respeto
INMIGRACIÓN
Eu penso que algunhas persoas cando ven un inmigrante poñense a insultalo,a burlarse del e a facerlle bromas.Eu creo que en vez diso o que habería que facer, sería apoialos para que se sintan ben e se integren ben no noso país. Samuel Deus García
Etiquetas:
discriminación,
emigración,
pri,
respeto
sábado, 23 de noviembre de 2013
A INMIGRACIÓN
Paréceme un tema moi serio, porque hai moitos inmigrantes que teñen fill@s, e el@s pásanno moi mal porque os marxinan, insúltanos, trátanos mal... E nós temos que pensar se inmigraramos ao estranxeiro, gustaríanos que nos traten ben e non nos discriminen.
Nerea P.
Nerea P.
Etiquetas:
discriminación,
emigración,
pri,
respeto
INMIGRACIÓN
Eu creo que os inmigrantes deberían ter os mesmos dereitos ca todos porque senón se os españois tiveramos que volver a emigrar tampouco teríamos dereitos. LUCAS PAZ GONZÁLEZ
Etiquetas:
discriminación,
emigración,
pri,
respeto
viernes, 22 de noviembre de 2013
INMIGRANTES
Ola son David e a miña opinión sobre a inmigración e que se ves dalgún país Africano pódente matar, ir a cárcel, mandarte de volta para África... Iso é cando son pobres porque cando son ricos poden facer o que queren coma se fosen de aquí. E penso que sería mellor se tratara igual a todas as persoas, tanto aos ricos coma aos pobres. Porque se nós tiveramos que emigrar a outro país, creo que nos gustaría que nos tratasen ben. Entón nós, para que nos traten ben fóra, tamén temos que tratar ben a todos tanto aos africanos coma os chinos... DAVID BOO
Etiquetas:
discriminación,
emigración,
pri,
respeto
INMIGRANTES
Moitos/as inmigrantes son maltratados/as,sobre todo por ser de cor. Eu penso que non debería ser así,porque non deberían ser maltratados/as. Sei de un caso no que unha persoa de cor estaba xogando un partido de fútbol, fixo unha falta e, algunhas persoas do público comezaron a insultalo chamándoo "negro" xa que non tiña nome na camiseta. Podíanlle chamar polo número da camiseta e non faltarlle ao respeto. ANTÍA
Etiquetas:
discriminación,
emigración,
pri,
respeto
A INMIGRACIÓN
Eu creo que os inmigrantes pásano mal. Non debería ser así. Todas as persoas temos os mesmos dereitos e non é xusto que un inmigrante non teña os mesmos dereitos ca un que sexa do propio país. Donde eu vivo hai moitas nacionalidades,por exemplo, os meus veciños de enfrente. O home é de África,non sei de onde. As veciñas dunha amiga miña son de Arxentina. O que eu quero dicir é que os inmigrantes teñen os mesmos dereitos ca nós. Non sería xusto,por exemplo, se nós imos a Brasil e nos marxinan por ser españois. Así que eu creo que todos deberíamos ter os mesmos dereitos. IRENE 1º
Etiquetas:
discriminación,
emigración,
pri,
respeto
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



