Mostrando entradas con la etiqueta obxectivos do milenio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta obxectivos do milenio. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de noviembre de 2014

DEREITOS DE NENAS E NENOS

En 1959 a ONU aprobou a declaración de dereitos dos nenos por iniciativa de UNICEF e dende o ano 2000 celébrase o 20 de Novembro o día internacional dos dereitos dos nenos e nenas. Con este video ensinamos cales son estes dereitos.

 

lunes, 3 de noviembre de 2014

LALIA

"Nunca vi mi pais, pero mi madre dice que  los ojos que miran no son los ojos de ver. Los ojos de ver están en el corazón. Si cierras los ojos puedes ver lo que quieras."

Estas son palabras de Lalia, protagonista do documental que tedes a continuación.
Lalia cóntanos como é o seu país, o Sahara. A súa pequena redacción vainos introducindo no seu mundo. Un mundo de sonos perdidos, de recordos non vividos para acabar espertando na súa realidade. Unha realidade terrible da que quere escapar: o seu exilio nun campo de refuxiados en Alxeria".

jueves, 12 de diciembre de 2013

XÉNERO E OBXECTIVOS DO MILENIO

Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) son o marco de referencia para mellorar a calidade de vida das persoas que viven nos países en vías de desenvolvemento. O prazo para cumplilos remata no ano 2015, o que implica un esforzo por parte de todos para que a súa consecución sexa unha realidade. O cumplimento destes obsetivos pasa por acadar a igualdade real entre homes e mulleres. É dicir, sen a igualdade de xénero, a consecución destas 8 metas é realmente compricada porque:
• Para erradicar a fame e a pobreza, hai que contar co traballo que fai a muller. Este traballo non se recoñece a nivel formal, xa que moitas delas non perciben ningún salario pola súa laboura; sen embargo, a súa laboura é esencial coma motor de calquera economía.
• Se garantimos o acceso á educación das mulleres e nenas, estaremos a invertir nun mellor futuro para a sociedade. Só a través da educación, as nenas e as mulleres terán a liberdade de decidir nas súas vidas e, sobre todo, a posibilidade de participar na toma de decisións da súa comunidade, o que revertirá de forma positiva no desenvolvemento da mesma. • A erradicación da mortandade infantil pasa porque as nais teñan acceso a información e, sobre todo, poidan decidir qué facer cos seus fillos. Está demostrado que a educación da nai resulta determinante para a supervivencia do neno. • Dentro da mellora da saúde materna, sabemos que as mortes maternas tenden a aumentar entre as mulleres que sofren discriminación por xénero. Esa discriminación provoca que, en ocasións, a muller non poida decidir sobre a súa propia saúde (teñen que pedir permiso ao marido para ir ó médico), que sexa vítima da violencia de xénero, que a sometan a certas prácticas que poñen en risco a súa saúde durante o embarazo(coma por exemplo, a mutilación xenital feminina), etc. • Se lle damos á muller información sobre o VIH/SIDA(só o 20% das mulleres dos países en vías de desenvolvemento ten un coñecemento correcto sobre o VIH/SIDA) e poder de decisión sobre a súa propia saúde, disminuirían de forma considerable os casos de infección. • Garantir a sostenibilidade medioambiental é outro dos retos establecidos para o 2015, xa que as mulleres e os nenos seguen sendo os máis afectados polos fenómenos metereolóxicos orixinados polo cambio climático. • É necesario incrementar a presenza das mulleres nos organismos internacionais, para traballar a igualdade de xénero e a alianza mundial para o desenvolvemento.
Información tomada de :mundo Cooperante.org

martes, 10 de diciembre de 2013

OBXECTIVOS DO MILENIO


A escasez de igualdade de oportunidades e a desigualdade de xénero son situacións que se dan en todos os países; a pobreza, a exclusión e a marxinalidade son as súas causas máis visibles. A pesar de todo, é nos países en vías de desenvolvemento onde esta desigualdade é máis notoria e onde faise  necesariofacer máis  esforzo para conseguir a consecución dos dereitos máis fundamentais do ser humano.

Dende diversos organismos internacionais e institucións locais estanse poñendo en marcha numerosas accións, que pretenden fomentar esa igualdade de dereitos entre todos os habitantes do planeta. Unha das máis importantes, polo compromiso que implica de todos os Estados que firmaron, é a Declaración do Milenio (ano 2000), na que se propoñen oito metas a conseguir no 2015 para reducir esta desigualdade: los oito Obxetivos de Desenvolvemento do Milenio.




A VIDA DE KAREN

A DESIGUALDADE: UNHA CUESTIÓN DE XÉNERO.

Hai que saber que sexo non é o mesmo que xénero. O sexo refírese ás diferencias biolóxicas entre homes e mulleres e, o xénero  refírese aos rasgos que cada sociedade asigna a homes e mulleres, é dicir, o papel que desempeña cada un na sociedade.

En ningunha sociedade as mulleres disfrutan das mesmas oportunidades que os homes. Por tanto, vemos que a desigualdade entre homes e mulleres dase en todo omundo, pero é certo que é máis grave nos países en desarrollo.



DESIGUALDADE SOCIAL

A desigualdade social refírese ao diferente acceso que teñen as persoas aos recursos. Por recursos entendemos algúns como os recursos sanitarios, os educativos o as infraestructuras. A desigualdade provoca que, por exemplo, millóns de persoas vivan no mundo sen acceso a unha fonte de agua potable. Existe un indicador para medir o desarrollo dos países que se llama índice de desarrollo humano (IDH). Este indicador cálculase a través de tres variables: a esperanza de vida, como indicador dunha vida longa e saudable; a educación da poboación; e o nivel económico da poboación. Permítenos ver as diferencias e/o desigualdades existentes entre os países.
No año 2000, desde Naciones Unidas se puso en marcha unha iniciativa denominada os “Obxectivos de Desarrollo do Milenio”, que intenta mellorar a vida de millóns de persoas nos países en vías de desenvolvemento. Púxeronse como data para conseguir reducir a desigualdade o ano 2015. Pensades que o lograremos? Los objetivos son 8 y luchan para: 1.- Terminar coa pobreza 2.- Mellorar a saúde materna 3.- Promover a educación universal 4.- Combatir o VIH/SIDA e outras enfermidades 5.- Traballar pola igualdade de xénero 6.- Garantir a sostenibilidade do medio ambiente 7.- Reducir a mortalidade infantil 8.- Fomentar unha alianza mundial para o desarrollo.
Información de Mundo Cooperante www.desafiosdelmilenio.org