Mostrando entradas con la etiqueta EF. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EF. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de junio de 2013

Para os meus/miñas profes de 1º ESO, porque se vos quere.

Este curso, xa marchou, así sen máis, e quero agradecervos todos os bos ratos que pasamos con vos, incluso os malos e gracias por ensinarme tal cantidade de cousas. Esta entrada non estaba prevista, xa que é unha sorpresa. Bueno,espero que vos guste:D. Sen máis, con moito agarimo, Daniel Castro Álvarez Profes!! on PhotoPeach

viernes, 11 de mayo de 2012

NADIA COMANECI EN "EL HORMIGUERO"

Nadia Comaneci, considerada unha das mellores ximnastas de todos os tempos,estivo onte en "El Hormiguero", en Antena 3. A ex-ximnasta rumana visitou o programa para dar a coñecer a fundación Laureus,que promociona o deporte entre a xente xoven por todo o mundo e da que é embaixadora honorífica. Fai máis de 30 anos conseguiu máis de 9 medallas olímpicas ,5 delas de ouro, e foi considerada a mellor ximnasta do século XX. Na entrevista, Nadia Comaneci dixo que ten un pouco de mentalidade española, porque é de Romanía é o Mediterraneo únenos a tod@s. A ximnasta afirmou que o deporte ábrete moitas portas e dache grandes oportunidades. Non ten fronteiras. Nadia Comaneci e Almudena Cid impartiron unha clase maxistral no centro deportivo San Blas, en Madrid. Ambas deportistas mostraron así o seu apoio ao deporte como método para reducir o sedentarismo e combatir os altos índices de obesidade infantil. Aquí tedes o enlace ao video da noticia.

martes, 24 de abril de 2012

DEPORTE E CONFLICTOS ARMADOS

Deporte como vehículo de paz, de igualdade; válvula de escape nas situacións máis difíciles que podamos imaxinar. Neste vídeo podemos sentir qué parecidos somos aínda que vivamos tan lonxe, vistamos doutro xeito e vivamos unhas vidas en apariencia tan diferentes...

miércoles, 18 de abril de 2012

deportistas

Estábamos un día na clase de proxecto falando  do que iamos 
 facer no trimestre , e decidimos facer un traballo sobre as deportistas
 mulleres dos países do proxecto .O traballo consistiu en facer  fichas 
 coa biografia das deportistas . Incluimos: o deporte  que practicaban,   
 a nacionalidade, os logros da sua carreira e se participaran algunha 
 vez  nos xogos olímpicos. Tamen adxuntamos fotos delas practicando o seu  deporte.
  Adicamos dous días de Pri a ir a informática a buscar mulleres  deportistas dos países e na casa, tamén buscábamos imformación. 
 Puxémola en común no taboleiro da clase , despois de enviala   a maestra por correo electrónico . E cando tivemos todas as fichas  biográficas imprimímolas en cor, e logo puxémolas na  planta de arriba do instituto para que as persoas dos outros cursos a poideran ver.


Aquí tedes este libro que fixemos sobre o noso traballo.




martes, 25 de octubre de 2011

O Regadinho

O Regadinho é unha danza tradicional portuguesa. Este ano en E.F. coa axuda de Nacho, o profesor de música aprenderemos algunhas músicas e bailes dos países da Feira.
Neste vídeo podedes ver como os portugueses bailan o seu regadinho, a ver a nós que tal nos sae!