Mostrando entradas con la etiqueta cine. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cine. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de diciembre de 2012

BINTA E A GRAN IDEA

O luns 17 de decembro vimos a película de J. Fesser, “Binta e a grande idea”, rodada na Casamance, en Senegal en 2004. Esta curtametraxe amosa algún dos problemas aos que se enfrentan nenas e nenos en África subsahariana, dende a mirada inocente e optimista de Binta. Antes da peli, aprendemos algunas cousas sobre Senegal e fixemos una reflexión. E despois fixemos un análise e coloquio sobre ela.

Aquí tedes o video da peli e se queredes saber máis, clicade aquí.



As veces as ideas máis descabeladas son as máis sensatas.

miércoles, 20 de junio de 2012

NI UNO MENOS

 A película narra a historia dunha nena de 13 anos, Wei Minzhi, que ten que sustituir durante un mes ao seu mestre, por orden do alcalde, nun pequeno e  aillado pobo das montañas. O profesor deixalle un anaco de xiz para cada día e a promesa de que lle dará 10 yuan se nengún estudiante abandona a escola ata o seu regreso. Pero o revoltoso Zhang Huike abandona a clase para ir á cidade en busca de traballo e a abnegada Minzhi buscará o xeito de traelo de volta.



                                                       

martes, 24 de abril de 2012

DEPORTE E CONFLICTOS ARMADOS

Deporte como vehículo de paz, de igualdade; válvula de escape nas situacións máis difíciles que podamos imaxinar. Neste vídeo podemos sentir qué parecidos somos aínda que vivamos tan lonxe, vistamos doutro xeito e vivamos unhas vidas en apariencia tan diferentes...

miércoles, 18 de abril de 2012

MOOLAADÉ

SINOPSE DA PELÍCULA

Collé Ardo vive nunha aldea africana. Fai sete anos non permitiu que a súa filla fora sometida á ablación, unha práctica que lle parece unha barbarie e que ela tamén sufriu. Hoxe, catro nenas fuxen para escapar do ritual da "purificación" e piden a Collé que as protexa. Dende ese momento, se enfrentan dous valores: o respeto ao dereito de asilo (o moolaadé) e a tradición da ablación (a salindé). Coa súa decisión de acoller e axudar ás nenas Collé Ardo provoca unha crise na a vida da aldea. Collé incluso soportará o sofrimento do castigo e a humillación pública antes que renunciar a súa posición, desencadenando así unha auténtica rebelión de mulleres que esixen que ningunha nena máis sexa mutilada. Por outra anda, Amsatou, a filla de Collé, xa está en idade de casar e o seu matrimonio está concertado co fillo do xefe do pobo, un xoven que acaba de chegar de París. Polo momento, ningún home casou con unha muller non"purificada".
É unha película realizada e producida en África e pensada para un público africano. Á película achéganos a un mundo rural totalmente distinto ao que nos presentan a maioría das películas comerciales norteamericanas que chegan as nosas casa. Gracias a esta película podemos ver cómo so nas casas da xente desta aldea, como cociñan, como traballan, como comen, como obteñen auga, como son as súas leis e a vida cotiá de moitas familias africanas. A película plantexa en forma de controverxia varios temas: a denuncia da ablación, o debate en torno ao peso da tradición e a modernidade e, finalmente, a loita das mulleres rueail africanas por transformar as relacións de dominación impostas polo homes.
Na clase vimos a película 1º e 2º e pola tarde fixemos un coloquio con estas cuestións.
Aquí tedes un fragmento da película.

viernes, 25 de noviembre de 2011

BINTA E A GRANDE IDEA

O luns 14 de novembro vimos a película de J. Fesser, Binta e a grande idea, rodada na Casamance, en Senegal en 2004. Esta curtametraxe amosa algúns dos problemas aos que se enfrentan nenas e nenos en África subsahariana, dende a mirada inocente e optimista de Binta. Antes da peli, aprendemos algunhas cousas sobre Senegal e fixemos unha reflexión. E ao día seguinte fixemos un análise e un coloquio sobre ela. Aquí tedes algunhas das nosas opinións sobre a película e se queredes saber máis, clicade aquí.

Esta película fíxome reflexionar moito sobre como viven nos países pobres, e a miña conclusión é a seguinte:
En primeiro lugar non sei por que non deixan ir as nenas a escola, porque teñen o mesmo dereito ca os nenos, non teñen por que facer as tarefas da casa en vez de ir á escola, para no futuro poderse defender na vida.
En segundo lugar pareceme moi mal que a xente que sabe algo, time a xente analfabeta.
E en terceiro lugar deime conta do que eles pensan de nós, por unha parte pensan que temos moita tecnoloxía e facemos moi bos inventos; pero tamén pensan en negativo, pensan que traballamos individualmente e que con tanto que extraemos da natureza imos acabar os recursos
naturais. E eu creo que están no certo! Jennifer.

En primeiro lugar paréceme que esta película nos enseña a amar e a respectar os demais, e tamén a axudarnos entre nos. Tamén me parece moi triste que Soda a prima de Binta non poida ir a escola. Todos temos dereito á educación e non estar na casa a traballar todo o día. E por último nesta película hai moita imaxinación, como por exemplo: cando era o da porta imaxinaria ou o dos fogos artificiais. Diego.

Na pelicula de Binta e a gran idea aprendin como vivian os do sur, que hai poucas atencións médicas, poucas escolas, que eles viven con moito menos ca nos e ainda asi son felices, que se axudan entre eles e que non coñecen a tecnoloxía. Sandra.

Con esta película aprendín que en África son solidarios uns cos outros porque, por exemplo, cando o pai de Binta ía a presentarlle a idea ao prefecto, un home levouno sin cobrarlle nada. Alí o ensino é diferente ca o de aquí . A algunhas rapazas os pais non lles deixan ir o colexio porquepensan que se casarán e non necesitan aqprender. Góstame a escena na que na escola representan una obra de teatro sobre unha nena a que o seu papá non lle deixa ir á escola. Soda, a prima de Binta, está na mesma situación e lle di a seu pai que estaba alí que quere ir ao colexio. A xente que estaba arredor díxolle alborotada que lle permita ir o colexio. Alvaro.

Aprendín que hai que ser moito mais solidarios e que hai que ter empatía cos demais. A película espresao moi ben, xa que alí todos os nenos colaboraron para que Soda fora a escola. Tamén aprendín que hai que aprender a respetarse e non discriminar a ninguén por idade, altura, cor ou relixión. Por último que hai que estar ben agradecidos polo que temos nos paises do norte e intentar millorar sempre. Miriam.
Se queredes ver a peli, aquí a tedes completa.