Mostrando entradas con la etiqueta India. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta India. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de noviembre de 2014

O HINDUISMO: UNHA RELIXIÓN CON MÁIS DE 1000 DEUSES E DEUSAS

O hinduísmo é a relixión predominante en India aínda que convive con outras relixións como o Cristianismo, o Budismo e o Islam. Dentro das grandes relixións é a máis antiga e a terceira máis estendida a nivel mundial, máis de 800 millóns de seguidores.

Non ten fundador nin ordes sacerdotais, non existe un dogma único e carece de organización central. É por isto que dentro do hinduísmo podemos encontrar distintas correntes culturais ou escolas: deísta, teístas, monoteístas, politeístas, agnósticas e, mesmo ateas. Ten como principo "a unidade na diversidade" o que a converte nunha relixión complexa.
O hinduismo é unha relixión politeista, teñen miles de deusas e deuses, un dos máis populares é Ganesha, o deus con cabeza de elefante.


Segundo a lenda, o deus Shiva, o deus hindú da destrución, marchou á guerra e a súa muller Parvati, deseó tomar un baño, pero non habendo ningún garda para que vixiase a porta do seu apousento ocorréuselle a idea de crear un fillo para que o custodiase.

Parvati creou entón a Ganesha da pasta de sándalo que usaba para bañarse e lle deu vida dentro dunha figura. Entón ela situouno na porta e lle dió instrucións para que ninguén entrase. Mentres tanto o deus Shiva regresou da batalla pero como Ganesha non o coñecía non lle deixou que entrase no cuarto de Parvati. Shiva, enfurecido por este feito, colleu a súa espada e cortou a cabeza de Ganesha. Cando Parvati saíu e vió a Ganesha decapitado entrou en cólera. Entón ela adquiriu a forma da deusa Kali e ameazou con destruír os tres mundos existentes, o ceo, a terra e o subsolo. Vendo o malhumorada que estaba, os outros deuses estaban realmente temerosos e Shiva, nun intento de calmar a Parvati, transmitiu á multitude que trouxeran a cabeza do primeiro ser vivo que aparecese do norte (a dirección propicia asociada coa sabedoría). O primeiro ser vivo que apareceu foi un elefante. Entón trouxéronlle a cabeza do elefante e Shiva colocouna no madeiro do fillo de Parvati dándolle vida. Parvati púxose contenta e abrazou o seu fillo, o neno con cabeza de elefante que Shiva chamou Ganesha.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

FESTIVAL DOS ELEFANTES PINTADOS NA INDIA

A clase de Proxecto Interdisciplinar quere ser unha pequena ventá pola que achegarnos ao mundo e coñecer diferentes aspectos doutras culturas. Nesta ocasión preparamos unha presentación oral sobre O Festival dos Elefantes da India e sobre un dos moitos deuses do hinduismo, o popular deus Ganesha.
Anabel e Oscar leron varios artigos, buscaron fotos en internet e prepararon a presentación oral que veredes a continuación.


Fontes:
Ganesha, o elefante sagrado : http://www.taringa.net
¿Por qué os elefantes son sagrados na India?: https://redaccion.lamula.pe
Festival dos elefantes pintados:http://www.taringa.net
O desfile dos elefantes pintados: http://www.nationalgeographic.com.es

jueves, 6 de noviembre de 2014

ALVIDA

A semana pasada na clase de pri estivemos buscado en internet información sobre os elefantes e sobre palabras hindúes. Pintamos dous elefantes e puxemos a palabra enriba.
ADIOS: ALVIDA


Jonathan

jueves, 30 de octubre de 2014

DECORACIÓN INDIA

A semana pasada en Pri buscamos en internet imaxes de elefantes indios e palabras en hindu que pegamos na parede.
                     Este e o resultado.

               Mera  nama  DUMBO hai 



Carlos

FESTIVAL INDIO

O outro día na clase estivemos coloreando elfantes indios con moitas cores e con purpurina.



Jenni

DEBUXOS DE ELEFANTES

o outro día fixemos elefantes indios,antes bucamolos en Internet para inspirarnos para inspirarnos.
E despois buscamos palibras en hindi para poñerlle encima.


Martín Dafonte

O MEUS ELEFANTES



Na clase de pri buscamos en internet sobre elefantes indios e palabras indias despois cada un pegou dous elefante e unha frase en hindi.

Alba

INDIA

Na nosa clase traballamos sobre os elefantes indios.
Tivemos que pintar os elefantes indios e escribir palabras en idioma indio. A profesora díxonos que buscaramos en internet para ter inspiración sobre o país da India e sobre os elefantes pintados.



Eduarda

miércoles, 29 de octubre de 2014

decoración india


A min gustoume moito esta actividade porque quedou moi chula a clase e tamén aprendemos palabras en hindi e pasámolo moi ben.


Martín Casto

UNHA CLASE CHEA DE ELEFANTES

O outro día na clase de pri, decoramos os nosos elefantes. Cada un con unha palabra en hindi e despois traducimola ao español. Pegamos cada elefante na parede enriba do corcho ca palabra en hindi e en español enriba do elefante. Quedounos unha clase chulísima.

Pani-Agua





Iván Rivas Suárez

OS VISTOSOS ELEFANTES DA NOSA CLASE

Barth-Doce

O outro día en pri a mestra dounos uns elefantes indios para pintar. Miramos en Internet como os pintaban no festival dos elefantes e vimos que os pintaban moi vistoses, porque eran como o seu deus. Despois tivemos que elixir un palabra en hindú e decoramos toda a clase. Quedou moi chula.

Lucía

lunes, 27 de octubre de 2014

DECORAMOS A CLASE

En PRI fixemos uns dibuxos  de elefantes para decorar a clase.Tivemos que buscar imaxes en internet para ver como os decoran no festival dos elefantes para inspirarnos. Despois buscamos palabras en hindi, escollemos unha e puxémola enriba dos elefantes. Ao final colocámolos todos coa súa palabra enriba do corcho e quedou moi chulo.

Kusí se=encantado



         Oscar

ELEFANTES DA INDIA

KRIPAYA:   POR FAVOR



Brais

APRENDEMOS HINDI




Biyara-cerveza



Eloy Castro Deus

lunes, 13 de octubre de 2014

PREMIO NOBEL DA PAZ 2014


A paquistaní Malala Yousafzai, a moza á que os talibáns dispararon á cabeza en 2012 por defender a escolarización das mulleres, e o activista indio Kailash Satyarthi foron galardoados este venres co Nobel de la Paz 2014 "pola súa loita contra a opresión dos nenos e os mozos e polo dereito de todos os nenos á educación", segundo anunciou o Comité Nobel Noruego.

"Os nenos deben ir á escola e non ser explotados financeiramente", defendeu o Comité Nobel, subliñando que "nos países pobres, o 60% da poboación actual ten menos de 25 anos".
No caso de Satyarthi, resaltou que "mostrando gran valor persoal" e seguindo a tradición de Gandhi, "liderou varias formas de protesta e manifestación, todas pacíficas, centrándose na grave explotación dos nenos para obter beneficios financeiros". Así mesmo, "contribuíu" ao desenvolvemento de importantes convencións internacionais" "sobre os dereitos dos nenos". Kailash Satyarthi, enxeñeiro informático indio que hai 28 anos abandonou o ordenador para denunciar ás multinacionais que no seu país explotan nenos de entre 5 e 12 anos de idade, encabeza a organización Global March, que liberou da escravitude empresarial a uns 80.000 nenos en máis de 160 países.

En canto a Malala, "malia a súa xuventude", leva anos loitando polo dereito das nenas "á educación e mostrou co seu exemplo que os nenos e os mozos tamén poden contribuír a mellorar as súas propias situacións". Ademais, resaltou o Comité Nobel, fíxoo baixo as máis perigosas circunstancias. "Mediante a súa loita heroica converteuse nunha destacada voceira dos dereitos das nenas á educación", engadiu.
Lé o artigo completo aquí.

Limos a noticia en inglés nas clases e respostamos algunhas preguntas. Aquí tedes a ficha do traballo que fixemos.

jueves, 12 de diciembre de 2013

A VIDA DO IRMÁN DE KRISHNA

Mundo Cooperante proponos un percorrido por esa desigualdade que impide a nenas e mulleres o acceso aos servicios mái básicos e que vulnera día a día os seus dereitos máis fundamentales. Ademáis, invítannos a coñecer a importancia que teñe a muller no desenvolvemento das súas comunidades e a necesidade de contar con ese 50% da poboación que, en demasiadas ocasións permanece invisible. www.desafiosdelmilenio.org

lunes, 3 de junio de 2013

IMPRESIONANTE TAJ MAHAL

É evidente que hai moitos monumentos no mundo, pois deses 1.000.000.000..... de monumentos que hai, uns cantos deles son da India, e deses cantos un é o Taj Mahal. Neste traballo que fixemos na clase a miña compañeira máis eu eliximos este monumento, elixímolo porque nos pareceu moi interesante. Neste vídeo ides ver imaxes acompañadas con frases sobre o Taj Mahal. Vouvos decir dúas das frases que vai a haber, por exemplo: Por qué foi construído? En que ano o construíron? Agora a ver este vídeo tan interesante!
 FABIOLA E IREA

jueves, 2 de mayo de 2013

INDIA

Con esta presentación da India veremos diversos aspectos da súa cultura. Pero so as fotos.A vosa tarefa será poñerlle un título a cada unha delas.

jueves, 11 de octubre de 2012

REFLEXIÓN SOBRE A EXPOSICIÓN DAS MULLERES NA INDIA

O día seguinte de visitar a exposición, na clase de PRI, comentamos as nosas opinións sobre a exposición fotográcica das mulleres da India. Dixemos o que máis nos gustou, o que nos sorprendeu, o que aprendimos, o que sentimos e o que botamos de menos. Tamén nos puxemos na pel dunha delas. Logo, escribimos todas esas ideas en círculos de cartolina e fixemos un poster entre tod@s. Velaí as nosa valoración.