Mostrando entradas con la etiqueta xeografía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xeografía. Mostrar todas las entradas

domingo, 5 de mayo de 2013

CHINA

China, ese inmenso e marabilloso país, enigmático e ao mesmo tempo tan cercano a nos en tantas ocasións. Imos dar un paso máis para coñecelo un pouco mellor.

COLOMBIA

En Colombia hai unha gran variedade cultural, a súa natureza, a música, as tradicións, a gastronomía, a arte. Todo isto fai de Colombia un país marabilloso. Imos coñecelo un pouquiño con estes dous glogs.

MARROCOS

Como xa sabemos unha das linguas oficiais de Marrocos é o francés. Este glog debúxanos algo da súa cultura. Penso que será fácil de entender; xa me comentaredes.

BRASIL

Brasil, Brasil, como no, como no.
Xeografía, música, deporte, cultura, historia....
Esta vez imos ler en inglés e coñeceremos ademáis esta ferramenta dixital chamada Glog. É simplemente un poster interactivo.

miércoles, 15 de febrero de 2012

Músicas do mundo

Ollade que actividade tan interesante e divertida crearon para o blogue da aula de música do ceip Gerardo Diego de Cantabria. Veredes que aparece música de moitos dos "nosos" paises. Seguro que os acertades case todos.
Para xogar preme nalgún dos botóns que aparecen na parte inferior da pantalla e sonará unha melodía. No mapa hai varios puntos activos; tes que elexir o correspondente ao país de orixe da música que estás escoitando nese momento.
Sorte e boa viaxe.
E non deixedes de visitar o blogue que está cheo de cousas valiosas. Aquí está o enlace


domingo, 11 de diciembre de 2011

RÍOS E MONTAÑAS

Na clase de Sociais tamén cruzamos ríos e escalamos montañas. Auí tedes os que coñecimos. 


OS RÍOS MAÍS IMPORTANTES

Cansámonos de nadar buscando os ríos que percorren estes países, pero al fin logramos chegar a beira e aprendelos:
En Brasil está o río máis longo do mundo: O río Amazonas.
Colombia: o río Putumayo.
Portugal: O río Tejo, que pasa pola súa capital, Lisboa.
Senegal: hai 3 ríos importantes, o río Senegalo Gambia e o río Casamance.
Romanía: o río Dniéster.
Marrocos: non ten ningún río importante. Hace 1000 años o río máis longo era o río Draa (uns 1.100m), que nace no alto Atlas e desemboca no Atlántico (é a fronteira con Arxelia). Actualmente, as suas augas se filtran nas areas do deserto e so en anos de chuvia excepcional recupera o seu leito. 
China: O río Huang He (río Amarillo), e o Iangtsé.
India: O famoso río sagrado para os indios, o río Ganges.

ALGÚNS RÍOS DO MUNDO on PhotoPeach

Musica:  Danza das frautas de cana da Suite O Quebranoces, de Tchaikovsky.

AS MONTAÑAS MÁIS ALTAS

Ao final de todo, cando más cansad@s estabamos, tivemos que escalar as montañas máis importantes dos países, para saber canta altura tiñan e o seu nome. Así soubemos que...

En Brasil está o Pico de Bandeira, con 2.590m
En Colombia: subimos ao pico Cristobal Colón, con 5.770m e o Alto Ritacua, con 5.493m.
En Marrocos: esquiamos no Toubkal, con 4121m.
En Senegal: Sambaya Kedougou, con 395m.
Romanía: Vf. Moldoveanu con 2.543m.
En China subimos o pico máis alto do mundo, o Everest, que ten 8848m. Está na cordillera do Himalaya que marca a fronteira entre Nepal ( o norte da India) e o Tibet (país ocupado por China).
En India,  o pico Kanchenjunga entre India  e Nepal, con 8.570m.
En Portugal fomos a serra da Estrella ao pico Estrela, que ten 1991m.

Rematamos agotad@s de tanta actividade, pero pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas.

8 MONTAÑAS da FEIRA DAS NACIÓNS on PhotoPeach

Música: Danza de Trepak, da Suite O Quebranoces, de Tchaikovsky. 

QUE HORA É?


Durante esta avaliación, na clase de Sociais investigamos por parellas sobre algún aspectos xeográficos relacionados cos países de PRI: Situación, fusos horarios, ríos e montañas máis importantes.

Primeiro buscamos en qué hemisferio están situados e a súa capital.
No hemisferio norte atópanse: Colombia, Marrocos, Senegal, Romanía China, India e Portugal.
No hemisferio sur so se atopa Brasil.

Capitais:
Brasil: Brasilia                    Romanía: Bucarest
Colombia: Bogotá               China: Pekín /Beijing
Marrocos: Rabat                 India: Nova Delhi
Senegal: Dakar                   Portugal: Lisboa

Tamén investigamos os fusos horarios de cada país. Que hora é nos outros países cando aquí son as 12 do mediodía? E de día ou de noite?
Os fusos horarios son debidos ao movemento de rotación da terra. A hora solar varía de modo que en cada momento hai 24 horas diferentes sobre a superficie terrestre. Considerando a terra como una esfera e dividindo a súa circunferencia de360\ entre as 24 horas do día, resulta que a cada hora correspóndenlle 15º. Esta dimensión é un fuso horario, cada una das partes limitadas por dous meridianos separados entre eles por 15º.

Atención! Cando se cambia de posición de fuso horario, hai que adiantar o reloxo se vas cara o leste e atrasalo se vas cara u oeste.

Ás 12:00 horas en Trazo, Galicia, España...
Que hora sería en cada unha das capitais dos países da feira?
En Bogotá serían as 9:00 da mañá.
En Brasilia serían as 10:00 da mañá.
En Rabat serían as 11:00 da mañá.
En Dakar serían as 11:00 da mañá.
En Lisboa serían as 11:00 da mañá.
En Bucarest serían as 14:00 da tarde.
En Nova Delhi serían as 17:00 da tarde.
En Beijing serían as 20:00 da noite.