Este vídeo fala de Colombia. Colombia é un país tercer mundista, ten 42.000.000 de habitantes. Este país ten o mellor café do mundo, é o primeiro produtor de esmeraldas, é primeiro produtor de flores do mundo. Ten o maior número de especies de ras e de paxaros. A xente colombiana en xeral é moi xenerosa, gústalle moito a música e teñen moi boa comida teñen pratos como: O hogao e o aijaco santafereño. (ver o vídeo ata o final)
IVÁN E XOSÉ. 1º ESO
Mostrando entradas con la etiqueta Colombia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Colombia. Mostrar todas las entradas
martes, 11 de junio de 2013
COLOMBIA
Etiquetas:
c.naturais,
Colombia,
recursos naturais,
video
domingo, 5 de mayo de 2013
COLOMBIA
En Colombia hai unha gran variedade cultural, a súa natureza, a música, as tradicións, a gastronomía, a arte. Todo isto fai de Colombia un país marabilloso. Imos coñecelo un pouquiño con estes dous glogs.
sábado, 24 de marzo de 2012
BRAZIL & COLOMBIA
Etiquetas:
Brasil,
Colombia,
inglés,
power-point
miércoles, 23 de noviembre de 2011
As linguas da Feira das Nacións (VIII): Colombia

En Colombia ademais do español fálanse máis de sesenta linguas indíxenas. O número concreto varía lixeiramente xa que algúns autores consideran como linguas diferentes o que outros consideran son variedades ou dialectos da mesma lingua.
• As mellores estimacións contabilizaban 66 linguas indíxenas faladas en Colombia, que se agrupan en máis de 20 familias ou unidades filoxenéticas (algunhas delas consisten nunha soa lingua illada), faladas por cerca de medio millóns de indíxenas.
• A constitución señala o idioma español como o idioma oficial de Colombia e recoñece as linguas dos grupos étnicos como oficiais no seu territorio. É obrigatorio o ensino bilingüe nas zonas con tradición lingüística propia.
Máis de 60 linguas aboríxes mantéñense vivas. As principais familias de linguas indíxenas de Colombia son:
As linguas arawak, como o wayúu, que agora non se falan moito.
As linguas arawak, como o wayúu de La Guajira e o achagua e o piapoco.
• As linguas barbacoanas, en Nariño e en Cauca
• As linguas bora-witoto, no departamento de Putumayo.
• As linguas caribes, no Amazonas, Guaviare e Cesar.
• As linguas chibchas na Sierra Nevada de Santa Marta e no Cocuy.
• As linguas choco, como o embrea e o wounaan.
• As linguas guahibanas, en Los Llanos do Orinoco.
• As linguas makú, en Vaupés e Guaviare.
• As linguas quechuas, no Sur do país.
• As linguas tucanas, nas zonas Suroeste e Sur do país.
Ademais existen un número significativo de linguas illadas ou non clasificadas:
• O andoque no río Caquetá.
• O camsá no val de Sibundoy (Putumayo).
• O nasa yuwe en Cauca.
• O sáliba-piaroa en Vichada.
• O ticuna no triángulo de Ledicia.
Tamén existen linguas barbacoanas xunto á fronteira con Ecuador, linguas caribes no Norte do país, ñe'engatú no extremo Suroeste do país.
Anteriormente faláronse as linguas betoi, linguas illadas como o andakí e o tinigua e un certo número de linguas sen clasificar.
Adrián Castro Otero e Álvaro Noya Rey
Suscribirse a:
Entradas (Atom)